Site icon Crónica3.com A Mariña

Abre en Burela o “Hotel Nordés” que dispón de 42 habitacións, 5 suites, 3 salóns, restaurante e cafetería

Nota de Prensa

TÓDOLOS ASISTENTES ESTÁN INVITADOS A UNHA CONSUMICIÓN E A COÑECER DE CERCA AS SÚAS MODERNAS INSTALACIÓNS

O HOTEL NORDÉS ABRE AS SÚAS PORTAS MIRANDO AO MAR CANTÁBRICO

Este sábado 25 de setembro, a partir das 8 da tarde, abre as súas portas o novo Hotel Nordés en Burela, ampliando así unha oferta hoteleira cada vez máis completa na comarca.

O Hotel Nordés está dotado de todos os servizos necesarios para converterse no gran hotel de referencia en Burela, con capacidade para máis de 100 hóspedes, salóns para acoller todo tipo de eventos, un moderno e amplo restaurante cunha carta innovadora, e sobre todo unhas espectaculares vistas á praia de Portelo e ao mar Cantábrico.

O Hotel Nordés conta con 42 habitacións e 5 suites que combinan confort e un deseño coidado. Espazos únicos que buscan que cada visitante se sinta como na súa propia casa en todo momento: baño completo, teléfono, televisión, minibar, caixa forte e calefacción. O hotel dispón dunha ampla terraza con vistas á praia de Portelo e ao mar Cantábrico, salón de televisión, bar-cafetería, restaurante á carta, internet wifi gratuíto, salóns para eventos, garaxe privado…

O Hotel conta tamén cunhas magníficas instalacións para acoller conferencias, reunións de empresa e todo tipo de celebracións sociais, banquetes, vodas, comuñóns, bautizos… Para iso conta con tres amplos salóns modulares.

Desde esta fin de semana Burela conta xa cun novo hotel que mira ao mar Cantábrico como un gran balcón sobre a praia.

Exit mobile version