Samuel Juárez presenta o plan de inversións a realizar na mariña lucense por mor dos temporais de primeiros do verán
A Consellería do Medio Rural inviste nesta actuación preto de 1 millón de euros, dos cales a meirande parte destinaranse ao arranxo de camiños, muros, escolleras e obras de fábrica
* As actuacións realízanse en 14 concellos da Mariña lucense
Trabada (Lugo), 17 de setembro de 2010.- O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, acompañado da delegada territorial, Raquel Arias, mantivo unha xuntanza cos alcaldes da Mariña lucense para informarlles sobre as inversións que vai executar o seu departamento para mellorar as infraestruturas rurais que foron danadas por mor das choivas extraordinarias que se rexistraron no verán este ano.
En concreto, estase falando dun investimento de 933.730 € en todos os concellos que sufriron danos polos temporais, e os camiños de acceso a núcleos de poboación e a explotacións agrogandeiras quedaron danados considerablemente.
Os concellos que se benefician das melloras son os de Trabada, Barreiros, A Pontenova, Ribadeo, Foz, Viveiro, Lourenzá, Xove, Burela, Cervo, Mondoñedo, O Valadouro, Alfóz e O Vicedo.
Samuel Juárez explicou que as actuacións contempladas “vanse levar a cabo en estruturas municipais, actuando de maneira directa sobre elas” e, segundo incidiu, “son obras que se a desenvolver de acordo coas necesidades reais existentes”.
Así, as intervencións a realizar refírense á mellora da capa de rodaxe dos camiños, bacheo e mellora dos firmes danados, reconstrución de muros de contención e construción doutros novos, escolleras, reforzo de obras de fábrica coma tubos de drenaxe, etc,
Polo que respecta á distribución dos orzamentos segundo as necesidades que presentan os distintos concellos afectados, as contías son as que se indican na seguinte táboa:
CONCELLO | EXECUCIÓN POR CONTRATA |
TRABADA | 239.312,83 € |
BARREIROS | 100.539,75 € |
A PONTENOVA | 96.627,18 € |
RIBADEO | 94.469,64 € |
FOZ | 68.840,92 € |
VIVEIRO | 63.309,53 € |
LOURENZÁ | 60.791,10 € |
XOVE | 56.340,38 € |
BURELA | 47.746,34 € |
CERVO | 31.297,93 € |
MONDOÑEDO | 31.102,15 € |
VALADOURO, O | 26.683,90 € |
ALFOZ | 9.614,84 € |
O VICEDO | 7.053,59 € |
TOTAL | 933.730,08 € |