NOTA DE PRENSA
ISMAEL REGO AFIRMA QUE SANIDADE DESCARTA A AMPLIACIÓN DO HOSPITAL DE BURELA
– O deputado do PSdeG-PSOE Ismael Rego asegura que agora queda ao descuberto as mentiras dos portavoces do PP que anunciaron fai poucos días o seu compromiso coa potenciación e ampliación do centro hospitalario
– Dixo que a estratexia dos actúas xestores do Sergas de descapitalización do Hospital trouxo como consecuencia un deterioro grave da atención sanitaria na zona
Santiago , 23 de setembro de 2010. O deputado do PSdeG-PSOE Ismael Rego fixo hoxe publica a contestación da Xunta de Galicia a unha pregunta rexistrada na Cámara Autonómica sobre a ampliación do Hospital da Costa. Rego afirma que a resposta de Sanidade demostra que o Goberno de Feijoo ten descartado a ampliación do Hospital.
Asegura que agora queda ao descuberto as mentiras dos portavoces do PP que anunciaron fai poucos días o seu compromiso coa potenciación e ampliación do centro hospitalario.
O deputado socialista considera un insulto á intelixencia dos cidadáns da Mariña as afirmacións dos responsables do Goberno Galego cando establecen a comparación da carteira de servicios do Hospital da Costa con outros centros comarcais, xa que advirte que se “esquecen da súa situación singular tanto pola poboación que atende, perto de cen mil persoas na maioría dos meses do ano, como pola súa lonxania doutros centros de referencia”, subliña.
Rego afirma que a estratexia dos actúas xestores do Sergas de descapitalización do Hospital trouxo como consecuencia un deterioro grave da atención sanitaria na zona aumentando o numero de desprazamentos de doentes, e facendo que os cidadáns da Mariña de Lugo soporten as listas de espera mais longas de todo o sistema sanitario galego.