NOTA DE PRENSA
O PP burelés afirma que a visita de Feijoo “é a demostración do compromiso da Xunta co sector pesqueiro”.
Os populares lembran que a Xunta bipartita “abandonou” a etiquetación de calidade do bonito.
“Unha mostra de compromiso: as obras de mellora do vial entre a Cruz Vermella e ABSA, un investimento de máis de un millón de euros”, asegura o PP.
O Grupo Municipal Popular (GMPP) de Burela calificou como de “mui positiva” a visita que o presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijoo fixo onte, mércores, ás instalacións de Armadores de Burela, S.A. (ABSA). Os populares afirman que “a visita de Núñez Feijoo é a demostración do compromiso da Xunta co sector pesqueiro, algo que, segundo os populares, non se deu coa Xunta bipartita, dado que, por unha parte, Touriño nunca chegou a visitar de forma oficial as instalacións portuarias de Burela e, por outra, abandonouse a etiquetación de calidade do bonito que se viña facendo coa Xunta do PP hasta 2005”.
O PP burelés considera “de suma importancia que Núñez Feijoo apostara por continuar apoiando a comercialización das pesquerías que garanten a sostenibilidade medioambiental, económica e social, que preserban os recursos, que xeneran riqueza, e que asentan poboación. A continuidade da promoción dos productos pesqueiros emblemáticos para Burela por parte da Xunta supón un plus de valor engadido para un sector que precisa de todos os apoios posibles”.
Os populares poñen como “exemplo do compromiso da Xunta de Núñez Feijoo con Burela as obras de acondicionamento e remodelación do vial entre a Cruz Vermella e ABSA, que veñen de comenzar recentemente, cun presuposto de un millón cen mil euros e un prazo de execución de nove meses”. O PP burelés lembra que “esta obra está incluida no Plan Director do Porto de Burela elaborado a principios de 2005 pola Xunta do PP, consensuado co sector pesqueiro e co equipo de goberno municipal de Burela, naquela época do PP”.
O PP burelés considera que estas actuacións poñen en evidencia a aqueles que dubidan dos compromisos e investimentos da Xunta en Burela, e que deberían buscar máis colaboración institucional e menos enfrontamentos e tensión política.