Nota de prensa:
A 3º tempada de Km0 impulsa a economía da Mariña, o destino elixido polo 65% dos participantes
– En só 3 semanas, 470 persoas redescobren a costa lucense co programa medioambiental da Deputación, 200 delas farano nas viaxes desta semana
– Km0 mantén 3.000 postos de traballo na provincia tales como hostaleiros, transportistas ou artesáns grazas a rutas coma deste mércores: “Oleiría de Bonxe”
A Mariña é o destino elixido por excelencia polos participantes na 3º tempada de Km0.Deputación de Lugo. Das 720 persoas que redescubriron a provincia dende que o organismo provincial retomou o programa medioambiental o pasado 1 de setembro, 470 viaxaron á costa lucense, o que supón máis do 65% do total. Precisamente, a Deputada de Economía, Regina Polín, recibíu este martes no Pazo Provincial a un grupo individual e o colectivo “Veciños de Hombreiro Río Miño” quenes escolleron a ruta “Ría de Ribadeo”.
O mércores, será os membros do “Complexo terapeútico xerentolóxico” de Láncara quenes viaxarán á costa lucense co Km0 e farán unha travesía pola ría de Ribadeo así como unha visita polo casco histórico de dita localidade.
O programa medioambiental inclúe un total de 127 rutas guiadas por toda a provincia colaborando a manter 3.000 postos de traballo de forma directa e indirecta tales como transportistas, hostaleiros, empresas de multiaventura e lecer, artesáns….Deste xeito, tamén o mércores, outras 24 persoas coñecerán in situ a olería de Bonxe coa iniciativa da Deputación.
Preto de 100 persoas nun día
Nas dúas rutas organizadas o xoves, os 96 participantes voltarán á Mariña. Trátanse dos colectivos “Santiago de Gundivós” de Sober, e “Fonte da Xonza” de Friol. No primeiro caso, coñecerán as praias das Catedrais e os Castros, Rinlo e o aeródromo de Villaframil. No segundo, voltarán a cetárea de Rinlo, redescubrirán a Illa Pancha así como o castelo de San Damián.