Site icon Crónica3.com A Mariña

A modificación da Lei de Costas do PP pretende privatizar o litoral, asegura o PSOE

Nota de Prensa

Barcon afirma que os artigos “1 e 4 deste texto son escandalosos”

OS SOCIALISTAS DIN QUE A MODIFICACIÓN DA LEI DE COSTAS DO PARTIDO POPULAR PRETENDE “PRIVATIZAR” O LITORAL

– A portavoz de Ordenación Territorial e Urbanismo do Grupo Parlamentario Socialista Mar Barcon cualificou esta proposta de “desfachatez”, e dixo que actuación dos populares é un autentico “show business”,  xa que o único fin deste texto “é intentar demoler a Lei de Costas de Galicia”

– Denuncia que obxectivo desta iniciativa non está vinculado á resolución dos problemas dos veciños nin das súas vivendas.

– Asegura que esta Proposición pretende acadar unha ruta de paulatina ocupación do litoral, que pasa por tratar igual ós desiguais, os que teñen dereitos e situacións desiguais e de ir diminuíndo os terreos incluídos no DOMINIO PÚBLICO MARÍTIMO TERRESTRE .

Santiago, 14 de setembro do 2010. A portavoz de Ordenación Territorial e Urbanismo do Grupo Parlamentario Socialista Mar Barcon interveu hoxe na Pleno do Cámara Autonómica para amosar a postura en contra do PSdeG-PSOE, sobre a proposición presentada polo PP da modificación da Lei de Costas de Galicia. Cualificou esta proposta de “desfachatez”, e dixo que actuación dos populares é un autentico “show business”, xa que o único fin deste texto “é intentar demoler a Lei de Costas de Galicia”.

Barcon dixo que esta iniciativa desvela a verdadeira faciana do Partido. Asegura que ten como fin ultimo  o arranxo dunha situación complexa dende o punto de vista legal, dolorosa dende o punto de vista individual e tamén incomprensible dende o punto de vista cidadá.

Na súa intervención advertiu que o Partido Popular ten unha AXENDA OCULTA no que se refire a ordenación territorial da nosa Comunidade. Explicou que os artigos “1 e 4 deste texto son escandalosos”. E denunciou que o último que lle importa ao Goberno de Feijoo é a solución dos problemas de Marín, de Ribeira, xa que o que pretenden é “colar” unha modificación da Lei de Costas para tolerar e liberar unha ocupación costeira sen límite e unha privatización do uso dun ben colectivo que deberíamos preservar, como é o do litoral.

Barcon afirma que o a folla de ruta do Partido Popular pasa por darlle continuidade a unha liña de actuación que comezaron nesta Cámara, e nesta Lexislatura impedindo a protección do litoral fronte ós usos industriais. Unha actuación que pasou por  modificar a titularidade pública dos solos para usos acuícolas que se esixían no aínda vixente Plan de Acuicultura, permitindo a súa privatización.

A deputada socialista denuncia que Feijoo busca consolidar o uso privativo do litoral por parte dalgúns particulares. Replica que esta Proposición pretende acadar unha ruta de paulatina ocupación do litoral, unha ruta que pasa por tratar igual ós desiguais, os que teñen dereitos e situacións desiguais e de ir diminuíndo os terreos incluídos no DOMINIO PÚBLICO MARÍTIMO TERRESTRE . Barcon denuncia que obxectivo desta iniciativa non está vinculado á resolución dos problemas dos veciños nin das súas vivendas.

Asegura que esta iniciativa do PP incrementara as edificacións existentes nas zonas adxacentes ó litoral, nun proceso ó tempo irresponsable e insostible.

A Lei de Costas de 1988 supuxo un paso adiante

Argumentou que a Lei de Costas de 1988 supuxo un paso adiante cuantitativo e cualitativo na protección do litoral. Supuxo unha barreira á depredación especulativa que xa entón ameazaba a pervivencia do noso entorno natural.

Por último sinalou que dende o PSdeG-PSOE estamos aquí para compartir a solución ós problemas dos núcleos que non obtiveron o seu recoñecemento na Lei do 88. Fixémolo cando gobernábamos e farémolo sempre. Pero hoxe, igual que fai uns meses dicímoslles que o noso compromiso non está na aprobación de medidas que teñan como consecuencia a privatización dos espazos públicos, o asolagamento do territorio e o consumo irresponsable do noso litoral.

Exit mobile version