Site icon Crónica3.com A Mariña

A Mariña e a Montaña, destinos das catro rutas organizada para empezar a terceira tempada de KmO

Nota de Prensa
Arrinca a terceira tempada de Km0.Deputación de Lugo coa participación de máis de 200 persoas en dous días

A Mariña e a Montaña, destinos elixidos nas catro rutas organizadas esta semana dentro do pioneiro programa medioambiental en España

O organismo provincial puxo en marcha este mércores a terceira tempada de Km0.Deputación de Lugo, o pioneiro programa medioambiental en España que impulsa a economía da provincia mediante a posta en valor das Reservas da Biosfera e O Courel, ó tempo que dá a coñecer ós veciños o traballo que leva a cabo a Deputación en prol dos Concellos lucenses. Logo do éxito acadado nas convocatorias anteriores coa participación de 17.000 persoas, o organismo provincial inicia esta nova andaina na que tan só en dous días redescubrirán a provincia 213 persoas.

Deste xeito, a Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, recibiu no Pazo de San Marcos ós dous primeiros grupos. Trátanse dos colectivos de “San Clodio de Ribas de Sil” e “Parada dos Montes” de Pobra de Brollón. Ambas as dúas asociacións viaxarán a Mariña. No primeiro dos casos, farán a ruta “As Catedrais” que inclúe a visita a dita praia, a dos Castros, así como ó porto, a cetárea de Rinlo e ó aeródromo de Villaframil.  Pola súa banda, os veciños de Pobra de Brollón farán unha travesía pola ría de Ribadeo e coñecerán o casco histórico desta vila mariñá.

O xoves a “Federación de veciños de Lucus Augusti” e a asociación de “Mulleres Rurais San Anxo Penarredonda” de Vilalba desprazaranse ó Cebreiro. Logo de coñecer o Pazo provincial e as instalación do Centro de Artesanía e Deseño, ambos os dous colectivos redescubrirán as Insuas do Miño, coñecerán o museo etnográfico desta localidade, o Monte da Cruz así como a fábrica de queixos de Pedrafita. Ademais, farán un percorrido a pé ata o primeiro hito do Camiño Francés.

Exit mobile version