Nota de prensa:
A Mariña, protagonista das rutas de Km0.Deputación de Lugo desta semana
Dos 307 participantes, 165 viaxarán a Ribadeo e O Vicedo,
e os restantes farano a Taboada, O Courel e Negueira de Muñiz
A Mariña é a protagonista das rutas de Km0.Deputación de Lugo desta semana. Das 6 viaxes organizadas, 3 son á costa lucense, e dos 307 participantes, 165 redescubrirán Ribadeo e O Vicedo. Deste xeito, este martes foron recibidos no Pazo Provincial os primeiros grupos que coñecerán á costa mariñana co programa medioambiental da Deputación, colaborando a impulsar e economía da zona e a manter postos de traballo. Trátanse de veciños de Becerreá e Sarria. No primeiro dos casos, farán a ruta “Ría de Ribadeo” e, no segundo, a de “Illa Coelleira”.
O mércores, estudantes da Politécnica Superior da USC de Lugo viaxarán a zona Sur de Lugo e coñecerán o conxunto monumental de Taboada, o Pazo de Nogueira de Cecillán, así como o embarcadoiro de Mourelle. O mesmo día, o colectivo “Alborada de San Ciprian” redescubrirá a Montaña lucense e visitará A Fonsagrada, a área recreativa do encoro e o museo etnográfico.
A asociación “Veciños Cela Ponte de Neira” do Corgo voltará á Mariña o xoves. Neste caso, os 55 novos participantes en Km0 farán unha travesía en barco pola ría da vila ribadense e pasearán polo casco histórico de dita localidade. Pola súa banda, veciños de Becerréa verán in situ a riqueza da oleiría de Bonxe, e visitarán, naruta “O Courel”, o castro de Vilar, o da Torre, e aldea de Seceda.