Nota de prensa:
FESTA DO RAMO NO ALTO DO CRUCEIRO- XUANCES
A Comisión de Festas de Xuances organizamos por quinto ano consecutivo a FESTA DO RAMO, a cal vai ter lugar no Alto do Cruceiro o venres, 1 de outubro e o sábado 2 de outubro. Antes de pasar a outras cousas, decir que esta Festa a recuperamos despois de 17 anos sen celebrarse. O lugar onde se vai celebrar vai ser o Alto do Cruceiro, estando o campo ao lado da carretera Viveiro-Ribadeo, polo que o acceso á mesma é moi fácil e sinxelo. Inda que desexamos con todas as nosas forzas ter uns bós dias climatolóxicos, pode pasar que non sexa así, e prevendo isto, decir que a Festa VAISE CELEBRAR BAIXO UNHA CARPA, polo que, de todas todas, imos estar a cuberto de inclemencias climatolóxicas. E para unha maior comodidade dos nosos visitantes, dispoñemos de amplos aparcamentos no entorno do campo da festa.
En canto ao amplo programa de actividades, destacamos a celebración, na súa CUARTA EDICIÓN, da FESTA DOS CALLOS o venres, 1 de outubro. Trátase, loxicamente, dunha festa gastronómica, dun producto tan noso como son os callos, e a proposta que lles facemos aos asistentes consiste no seguinte: os participantes, pola módica cantidade de 5 €uros, van poder degustar dunha abundante ración de callos, pan e un viño. En total temos preparadas máis de 1.000 racións, que esperamos que se agoten. Para conseguir estas racións, no mesmo lugar da festa imos ter un posto onde os visitantes van poder adquirir tikets por valor de 5 €uros, os cales despois cambiarán polas conseguintes racións de callos. Co estómago ben cheo, remataremos a Festa cun bó programa de baile a partires das 10 da noite, baile que estará amenizado por dúas grandes orquestras, “POCEIRO” e “SUAVECITO”.
En canto ao programa de actividades do sábado, 2 de outubro, temos:
-13:00 horas: Misa Solemne e Procesión.
-14:00 horas: Sesión Vermú a cargo do GRUPO NARANJA.
-17:00 horas: IIª Torneo Universidade de Cambridge “Solteiros/Casados”.
-22:00 horas (10 da noite): Verbena coa “ORQUESTA MARIMBA” e o “GRUPO NARANJA”.
Por último, a Comisión quere darlle as gracias a tódalas persoas, institucións, empresas, etc. que desinteresadamente colaboran coas nosas Festas, agradecemento que queremos sexa especial para tódolos nosos veciños.