A Escola Municipal de Música de Xove comeza o curso con dous concertos
Nota de Prensa
CONCERTOS DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA
A Escola Municipal de Música de Xove vai ofrecer pasado mañá, venres 24 de setembro, dous concertos baixo a batuta da súa Directora Xulia Nogueira. O primeiro deles vai ter lugar ás 11:00 horas no Ximnasio do CEIP Pedro Caselles Rollán, e ao mesmo van asistir tódolos alumnos/as do Colexio. Este Concerto vai durar aproximadamente unha media hora; finalizado o mesmo, os músicos da Escola Municipal vanse desprazar ao Salón de Actos do Centro Cívico, lugar onde ofrecerán, ás 12:00 horas, un segundo concerto, esta vez para tódolos alumnos do IES Illa de Sarón, estando previsto que acudan a este último Concerto moitos dos pais dos alumnos/as que participan no mesmo.
Con estes dous concertos, a Escola Municipal de Música de Xove da comezo ás actividades deste Curso 2010-2011.
Recordamos aquí, que inda está aberta ata finais deste mes de setembro o prazo para preinscribirse para o Curso 2010-2011 na Escola Municipal de Música. A preinscrición hai que realizala no Rexistro do Concello, nunha Oficina situada na entrada do mesmo; as solicitudes de preinscrición están a disposición do solicitantes na mesma Oficina de Rexistro, tendo que aportarse unha fotografía de carnet do alumno/a que desexe realizar a preinscrición.