Site icon Crónica3.com A Mariña

A Escola de Imaxe e Son de Lugo cobre todas as prazas con 44 alumnos

Nota de prensa:
A TIC cubre por segundo ano consecutivo o 100%

das prazas na Escola de Imaxe e Son de Lugo

– Un total de 44 alumnos iniciarán o luns o curso académico 2010-2011 nos ciclos superiores de Realización e Produción de Audiovisuais, dotados con 2.000 horas lectivas

– Con respecto ó inicio da actividade da EIS, no ano 2003, o número de solicitantes aumentou o 100% no de Produción e o 18% no de Realización

– A Fundación TIC favorece a inserción laboral do alumnado a través de colaboracións con máis de 60 empresas nacionais e convenios cunha decena de entidades sociais

A Escola de Imaxe e Son de Lugo, dependente da Fundación TIC, cubriu por segundo ano consecutivo o 100% das prazas para cursar os ciclos superiores de Realización e Produción de Audiovisuais. O curso académico 2010-2011 iniciarase o vindeiro luns e dispón de 44 prazas, 22 para cada un dos módulos, que están dotados con 2.000 horas lectivas e dous anos formativos cada un.

A EIS é o único centro da provincia onde se imparte formación no eido audiovisual. O centro ten como eixo fundamental a combinación de formación e práctica en contextos e escenarios reais, o que permite vencellar directamente a formación dos alumnos ás necesidades e esixencias das empresas do sector audiovisual.

Con respecto ó inicio da actividade do centro educativo, hai sete anos, o número de solicitantes no módulo de Produción aumentou un 100% e un 18% no de Realización. En 2009 foi o ano no que, por primeira vez, se cubriron todas as prazas e no que, debido o aluvión de demandantes, houbo unha ampla lista de espera. En total, máis de 125 alumnos cursaron os seus estudos neste centro eductivo dende 2003.

Inserción laboral dos alumnos

Unha das prioridades da Fundación é desenvolver novas fórmulas que faciliten a inserción laboral dos estudantes. Na actualidade, a Fundación TIC mantén relación con máis de 60 empresas nacionais e mantén convenios de colaboración cunha decena de entidades sociais, para difundir o seu labor sen ánimo de lucro. A través destas colaboracións, a Deputación de Lugo dá un novo impulso á relación que a EIS mantén co sector empresarial para a realización de prácticas dos seus alumnos e na procura da súa inserción laboral ó remate dos seus estudos.

Exit mobile version