Nota de Prensa
REMEDIOS LÓPEZ AMÓSASE MOI SATISFEITA POLA ALTA PARTICIPACIÓN NO CURSO PARA OBTER O TÍTULO DE PATRÓN DE EMBARCACIÓNS DEPORTIVAS A MOTOR CELEBRADO ESTES DÍAS.
Burela, 20 de setembro de 2010. O concelleira do Mar, Remedios López Villar, amósase moi satisfeita pola alta participación no curso para obter o título de patrón de embarcacións deportivas a motor celebrado esta fin de semana en Burela.
A edil socialista lembra que “o titulín é o mais básico que ai na actualidade, necesario para saír ao mar cunha pequena embarcación ou moto de auga. En Burela este curso é moi demandado pola gran afección que existe á pesca de luras nesta época. Este ano como nos dous anteriores cubríronse todas as prazas, o curso estaba limitado a 20 alumnos e quedaron aínda mais participantes en lista de espera para o ano que ven. Neste curso aprendeuse a nomeclatura náutica, recibiron coñecementos básicos na poboación para comezar a navegar con seguridade respectando as sinais náuticas e cunha pequena formación lexislativa proporcionada por monitores federados, pero o que mais gustou foi a clase práctica, os dez minutos que tivo cada alumno para formarse patroneando de forma individualizada un iate”. Remedios López dixo que “dende que nós entramos no goberno o noso interese é formar en materia de mar á poboación, tanto en cursos de patrón como de socorrismo e primeiros auxilios. Bonificando o seu custo aos empadroados no noso concello para permitir unha maior accesibilidade para eles”.
Porto deportivo
A concelleira do Mar recalca que “o mar é unha fonte de ingresos para Burela dende hai moito tempo, pero debe abrirse a mente da poboación e velo non só como traballo senón tamén como algo turístico e deportivo que está aínda sen explotar. Dende a miña delegación estamos a traballar creando as bases para atraer un turismo de calidade, loitando para que se faga realidade a construción e ampliación dun porto deportivo, necesario para Burela, porto deportivo que se está a quedar escaso e non deixa desenvolver o pobo, porto deportivo que deixou definido no plan director o anterior goberno do PSOE na Xunta de Galicia e do que non se sabe nada na actualidade”.