Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación pecha o prazo de inscrición no curso de INTECO en Galicia sobre o DNI electrónico

Nota de prensa:
A Deputación pecha este luns o prazo de inscrición do primeiro curso de INTECO en Galicia sobre o DNI electrónico

– Logo do aluvión de demandantes que cubriron xa o 75% da cota, os interesados poderán facerse cunha das últimas prazas enviando o formulario ó email innovate@deputacionlugo.org ou chamando ó 982-26-00-77

– Ademais de estar avalada polo Ministerio de Industria, puntuará nos procesos de funcionarización e ten un custe cero para os participantes

A Deputación pecha este luns o prazo de inscrición do pioneiro curso que imparte en Galicia o instituto INTECO sobre a utilización, a seguridade e os beneficios que ofrece o DNI electrónico á hora de relacionarse telematicamente coa administración. Trátase da xornada formativa incluída dentro do Innova-TE, o programa tecnolóxico dotado de 9 millóns de euros, co-financiado nun 70% por fondos da Unión Europea, que celebra o organismo provincial este mércores, 22 de setembro, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, co obxectivo de dar a coñecer ós veciños a “chave da e-administración” ante a implantación total da administración electrónica na provincia que acadará a Deputación en menos dun ano.

O aluvión de demandantes para cubrir ás 374 prazas dispoñibles, -traballadores da Deputación e dos Concellos, PEMES, colexios oficiales e cidadáns en xeral-, fixo que a Deputación teña cuberto xa o 75% da cota. Os interesados en facer cunha das últimas prazas tanto para a quenda de mañá, de 11:00 a 14:00 horas, como para a de tarde, de 16:00 a 18:30 horas, deberán cubrir o formulario que poden descargar na páxina web do organismo provincial e reenvialo ó enderezo electrónico innovate@deputacionlugo.org, ou ben poñerse en contacto co servizo encargado da organización chamando ó 982 26 00 77.

Avantaxes da xornada

Este curso é a primeira oportunidadade na Comunidade para recibir formación a custe cero sobre o manexo da administración sen papel e aberta as 24 horas por parte do instituto dependente do Ministerio de Industria. Deste xeito, ó remate da mesma os participantes recibirán un diploma oficial por parte do departamento estatal, así como un lector de DNI electrónico. Ademais, os traballadores da Deputación e os Concellos que o realicen recibirán a maiores puntuación de cara os proceso de funcionarización ós que se presenten ó contar cunha prestixiosa formación sobre a administración electrónica.

Exit mobile version