Nota de prensa:
A Deputación aposta pola I+D+I para aumenta a competitividade do sector lácteo da provincia
Lara Méndez participa na inauguración do Máster en Industria e Economía Leiteira, un curso sobre os últimos estudos en prol da mellora da calidade deste produto
A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, participou este martes na inauguración da terceira edición do Máster Oficial en Industria e Economía Leiteira. Trátase dun curso impulsado pola USC e o Agrocampus Oueste en Rennes, Francia, no que colabora o organismo provincial dentro da aposta pola I+D+I para o desenvolvemento e a mellora da competitividade do sector lácteo na provincia. Deste xeito, nesta xornada formativa preto dun cento de expertos impartirán clases sobre os últimos estudos en prol da calidade deste produto.
Lara Méndez lembrou que o organismo provincial impulsou a posta en marcha do primeiro Centro de Recría público en España nas instalacións da granxa chairega Gayoso-Castro. Trátase dun proxecto no que a Deputación inviste 12 millóns de euros, que terá capacidade para recriar máis de 3.000 novillas triplicando deste xeito, a capacidade dos 14 centros existentes en Galicia e aforrando contiosos custes ós gandeiros que hoxe se vén na obriga da facelo fóra da Comunidade.
A responsable da área de Promoción Económica e de Emprego salientou que o centro de recría da Deputación é “un exemplo de innovación. Será un verdadeiro escenario de investigación que camiñará da man da USC para a mellora xenética dos nosos produtos; un centro especialmente innovador no seu modelo de xestión de residuos ó ser capaz de converter en enerxía todos os residuos que se produzan; a segunda Facultade de Veterinaria do noroeste peninsular onde os nosos novos profesionais poderán realizar prácticas garantindo, ó igual que con este máster, unha formación ligada ó I+D+I”.