Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación adxudica unha axuda non pedida á comunidade de montes de Cordido en Foz, asegura o portavoz

Nota de Prensa

A Xunta Rectora da Comunidade de Montes de Cordido- (Foz), Non fixeron ninguha  solicitude  a Excma. Deputación de Lugo, para pintar o Centro Cívico, construción de beirarrúa e cuberta da Pista Polideportiva desta Parroquia, polo que están sorprendidos ao aparecer o nome de centro cívico de Cordido con unha subvención de preto de 7.000,00 euros.

Cordido ( Foz ), 17 de agosto 2010.- Así de contundente se expresaba o portavoz da Xunta Rectora desta comunidade Jacinto Ramos Álvarez, manifestando ademais de que o único local social co nome de Centro Cívico de Cordido é o que nós diriximos e que  é propiedade  de todos os comuneiros da parroquia, si ben aí a asociación de Veciños San Xulián de Cordido que  realiza os seus actos na Antiga Escola desta parroquia, arranxada recentemente , que é propiedade do Concello de Foz, tanto o edificio coma  unha pequena pista de fútbol- sala, e nos estraña que o presidente e o resto da directiva firmen unha solicitude a nome da Asociación de Veciños para arranxar patrimonio do concello.

Por outra banda si queremos aclarar que esta comunidade si solicitou dentro do Plan de Obras da Excma. Deputación de Lugo coas Asociacións e Comunidades Veciñais unha obra para o peche do aumento do Cemiterio parroquial de Cordido por importe de 12.000,00 €. , cuxo terreo xa é da súa propiedade e que foi denegada, polo que non consentiremos que figure o nome do noso local cando non ten ninguha achega de esa entidade .

Exit mobile version