Site icon Crónica3.com A Mariña

A concellería do Mar de Burela programa unhas xornadas do polbo e do peixe espada

Nota de Prensa

O CONCELLO PREPARA PARA OUTUBRO E NOVEMBRO AS XORNADAS DO POLBO E DO PEIXE ESPADA. OS HOSTALEIROS ESTÁN CONVOCADOS A UNHA XUNTANZA O VINDEIRO VENRES 24 DE SETEMBRO.

Burela, 22 de setembro de 2010. A concelleira do Mar, Remedios López, convoca aos hostaleiros de Burela a unha xuntanza para preparar as xornadas gastronómicas do polbo e do peixe espada. O encontro será o vindeiro venres 24 de setembro ás 20 horas no salón de plenos do Concello.

A edil socialista dixo que “estamos interesados en volver repetir as xornadas do polbo en outubro e as do peixe espada en novembro, poñendo un tapeo polo pobo igual que nos anos anteriores. Elíxense estes dous produtos porque dende a Concellería do Mar presentouse un proxecto aos Grupos de Acción Pesqueira para promocionar os nosos produtos e conseguiuse financiamento cos fondos europeos da pesca que nos subvenciona o 65% dos orzamentos en materia de publicidade e edicións de exemplares gastronómicos”.

Remedios López explicou que “para organizar ese tapeo, o prezo e pratos a degustar, faremos unha reunión o alcalde, Alfredo Llano e a concelleira do Mar con todos os restaurantes e bares do concello que queiran participar, o vindeiro  venres 24 de setembro do 2010 as 20 horas no salón de plenos do Concello de Burela. Solicitamos a colaboración e invitamos así a esta reunión a  toda a hostalería para que forme parte do evento”.

Exit mobile version