A concelleira de Educación de Burela promocionou a Semana Europea da Mobilidade nos colexios
redac
Nota de Prensa
A concelleira de Educación de Burela, Lucía Bouza, acudiu aos colexios a entregar os dípticos coa programación da Semana Europea da Mobilidade que dará comezo mañá na vila.
Ás 9 da mañá os alumnos de cuarto de primaria do CEIP Vista Alegre participarán nun paseo desde o centro ata o Concello onde membros da Policía Local impartirán unha charla de Educación Vial e ensinaránlles as súas dependencias. Ademáis de 9 a 11 haberá ximnasia de mantemento para adultos na praza do Concello. Xa pola tarde a partires das 17 horas, os nenos poderán participar na actividade organizada por Gaia e denominada Debuxa, cota e pega o logo da Semana Europea da Mobilidade.
Mañá xoves ás 12 da mañá no Concello, o alcalde, Alfredo Llano, e a concelleira de Educación, Lucía Bouza, presentarán todas as actividades da Semana Europea da Mobilidade que se desenvolverán desde mañá e ata o 22 de setembro.