Nota de Prensa
A CONCELLARÍA DO MAR ORGANIZA O TERCEIRO CURSO PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE PATRÓN DE EMBARCACIÓNS DEPORTIVAS A MOTOR QUE TERÁ LUGAR OS DÍAS 17 E 18 DE SETEMBRO.
Burela, 7 de setembro de 2010. Burela acollerá a vindeira semana os días 17 e 18 de setembro o terceiro curso para a obtención do título de patrón de embarcacións deportivas a motor, máis coñecido coma o titulín. Está organizado pola Concellaría do Mar.
A edil Remedios López Villar lembra que este “curso é necesario para patronear lanchas ou motos de auga de ata 6 metros de eslora e 40 Kw de potencia. Poderán participar todos aqueles interesados maiores de 18 anos ou maiores de 16 anos con permiso paterno. A formación teórica realizarase nas aulas de Expomar e a formación práctica nunha lancha no peirao de Burela se o tempo o permite. O curso está limitado a 20 prazas é o custe será de 200 euros, sen embargo os que estean empadroados no concello de Burela só deberan abonar o 50%, é dicir 100 euros”.
A concelleira socialista subliña que “este curso xa se ven realizando dende hai anos e cúbrense todas as prazas, co cal esperamos que este ano siga tendo a mesma aceptación entre a poboación. Será imprescindible para tramitar o título a fotocopia do DNI, un certificado médico de non ter enfermidade que impida esta actividade e 4 fotos de tamaño carné. Toda a documentación deberá presentarse xunto co documento de ter pagado as taxas para poder inscribirse no curso”.
López Villar engade que “con estes cursos dende a Concellaría do Mar de Burela pretendense inculcar coñecementos náuticos básicos na poboación para comezar a navegar con seguridade, respectando as sinais náuticas e cunha pequena formación lexislativa proporcionada por monitores federados, xa que para Burela o mar é un grande referente que temos que coñecer e respectar”.