Site icon Crónica3.com A Mariña

A CIG informará sobre a reforma laboral nos centros de traballo

Nota de Prensa

HOXE REMATA O CICLO DE ASEMBLEAS DA CIG POLA MARIÑA

A asemblea que terá lugar hoxe as 20:30 no salón de actos do edificio sindical de Ribadeo pecha o ciclo de contactos da Confederación Intersindical Galega nas distintas localidades da Mariña.

Pero a actividade da CIG vai continuar co obxectivo de informar á toda a clase traballadora do que vai significar a aplicación da nova reforma laboral. Con este fin continuarán as asembleas nos centros de traballo onde a CIG ten presenza, e co reparto de información nas rúas de distintos concellos da Mariña.

Toda esta actividade é precisa para que os traballadores e traballadoras sexan conscientes da gravidade das medidas tomadas polo goberno nesta nova reforma laboral, e como vai provocar esta  unha merma sen precedentes nos dereitos da clase traballadora. Estas medidas van afectar negativamente tanto aos traballadores/as  con contrato indefinido, coma aos eventuais, desempregados e á xuventude en busca do seu primeiro emprego.

Unha vez informada a poboación das particularidades da reforma non dubidamos da masiva participación na folga do 29 como único medio de contrarrestar esta e as reformas que están anunciadas polo goberno central.

Exit mobile version