NOTA DE PRENSA
A Asociación de Veciños “O Castro” de Foz recibe respostas sobre a residencia de anciáns, pero segue a esperar pola da Xunta de Galicia
Despois de que desde a Asociación de Veciños “O Castro” de Foz enviara a diferentes organismos un escrito manifestando a súa preocupación pola posta en marcha dunha residencia de anciáns na nosa vila, tan só obtivo resposta do Concello e do Patronato da Fundación Martínez Otero.
Por parte do Concello facilitóusenos copia dos diversos escritos que se enviaron ós organismos implicados da Xunta onde se lles informaba que os terreos para a construción da residencia estaban á súa disposición, encontrándose nestes momentos á espera de resposta.
Desde o Patronato da Fundación Martínez Otero, o seu presidente comunícanos que tratará o tema na vindeira reunión do Patronato, informándonos debidamente do resultado.
Finalmente, “O Castro” segue á espera da resposta da Xunta de Galicia, xa que con ningún dos organismos consultados (Consellería de Traballo e Benestar, Secretaría Xeral de Familia e Benestar e Delegación Territorial de Lugo)se obtivo resultado algún.
Neste punto, entendendo que debe se a Xunta o organismo que debe tomar unha decisión sobre a cuestión que nos ocupa e iniciar os trámites necesarios para a edificación dunha nova residencia de anciáns digna da nosa vila, a Asociación de Veciños “O Castro” de Foz reiterará as súas peticións de todos os modos que resulten necesarios ata obter unha resposta positiva.