Luns 30 de agosto ás 21:45 horas introdución ó teatro, Manuel Lourenzo. Acto seguido, Raiolas representa “O Gran Raiolo” unha obra de Pepe Peinó. Martes 31, ás 22:00 horas, o grupo teatral asturiano de Castropol El Cioyo presenta a obra “Mi Mujer Es El Fontanero” de Hugo Marcos. O mércores 1 de setembro ás 22:00 horas un dos grupos máis asiduos á semana do teatro de Valadouro, A Adala de Fazouro trae a obra de Paco Piñeiro “Ilusións”. O xoves 2 ás 22:00 horas ó grupo teatral de Cervo O Bordelo escenificará a última obra de Francisco Piñeiro “Qintana Dos Vivos, Anguria Dos Orfos”. O venres 3 de Setembro ás 22:00 da noite, tócalle a quenda ó grupo vilarontá de Axouxeres que representará “Farsa á escocesa” “Matrimonio seculo XXi” obras adaptadas de R. Sarmiento. O sábado 4 de setembro ás 22:00h, última xornada adicada ó teatro afeccionado tócalle ó grupo Irmáns Vilar Ponte de Bravos – Ourol levar á escena a súa obra: “Os apuros dun zapateiro”. Vai a ser o sábado 4 de setembro ás 22:00 horas. O 5 de setembro, esta vez ás 21:00 horas, a agrupación teatral da asociación cultural Amado Lar representará a primeira obra “O testamento do tio Nacho”