Naquela ocasión fora o pregoeiro un xove Ramón Pernas, recoñecido escritor e xornalista viveirense, á sazón director da Editorial Espasa-Calpe. Ramón Villares, Decano da Facultade de Historia de Santiago, a quen Alianza Editorial acababa de publicar o seu libro Historia de Galicia, díu unha conferencia acerca da mesma; pouco tempo despois sería elexido Rector da Universidade e na actualidade é presidente do Consello da Cultura Galega; Jorge Víctor Sueiro, xornalista, redactor-xefe de TVE, escritor especializado en temas gastronómicos que, nunha amena charla referírase á cociña galega; Isaac Díaz Pardo, intelectual e empresario de tanto prestixo, entón director de Sargadelos, falara sobre Castelao e a guerra civil e o xornalista e escritor don Xosé Trapero Pardo, ex-director de El Progreso, disertara encol do Mariscal Pardo de Cela. Outra serie de actividades: actuacións folclóricas, concurso de debuxo ó aire libre e demais completaban a interesante programación daquela exitosa I Feira do Libro de Foz, punto de partida para a celebración desta XXV edición.
Suso Fernández