Nota de Prensa
“XOVE 360º +. GRAO A GRAO”. APERTURA HOXE EN XOVE DESTA EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA COLECTIVA
A exposición conta con 50 fotografías, ousexa, as mesmas que a edición do pasado ano. Cada participante presentou obligatoriamente 5 fotos. Destas 5 fotos, as 2 que decideu previamente cada participantes, incluíronse de inicio na exposición, polo que tódolos participantes tiveron garantizadas na exposición 2 fotografías como mínimo. As 3 fotografías restantes foron xuntos coas dos demais participantes para unha bolsa da que sairon as restantes fotos da exposición; ousexa, 30 fotos da exposición foron elexidas directamente polos participantes, e para as restantes realizouse unha votación entre tódolos fotógrafos para escoller as 20 que faltaban para completar as 50.
A temática das fotos desta edición foi totalmente libre, podendo ser de Xove ou non. Non se permitiron montaxes fotográficas, “versus photoshop”. Si se permitiron os efectos de cámara: brillo, contraste, saturación, balance de brancos, etc.
O cartel da exposición, que adxuntamos coa presente nota de prensa, foi deseñado por un dos participantes, concretamente por Felipe Abad; en canto á maquetación das fotografías foi relizada pola participante Ana Isabel Lage.
A Exposición, como dixemos, vai estar aberta na Sala de Exposicións do Centro Cívico, nos seguintes dias e horarios:
-Do 13 ao 22 de agosto: de 17:00 a 22:00 horas.
-Do 23 ao 29 de agosto: de 17:00 a 24:00 horas. (Esta Semana amplíase o horario de apertura, dado que se quer aproveitar a Semana Principal das Festas).
Xove, 13 de AGOSTO de 2010