Nota de Prensa
“XOVE 360º +. GRAO A GRAO”. APERTURA HOXE EN XOVE DESTA EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA COLECTIVA
Ana Isabel Codesal, Felipe Abad, Javier Arca, Enrique Peña, Ana Isabel Lage, José Manuel Blanco, Alberto Rapa, Marta Álvarez, Andrea Castro, Santos Cordovilla, Juan Antonio Fernández, Mª Elena Fernández, Andrés García e Mateo Guerreiro conforman o Colectivo de Fotógrafos de Xove que expoñen na Sala de Exposicións do Centro Cívico nesta 3ª edición de “XOVE 360º”, que este ano se denomina “+ Grao a Grao”.
A exposición conta con 50 fotografías, ousexa, as mesmas que a edición do pasado ano. Cada participante presentou obligatoriamente 5 fotos. Destas 5 fotos, as 2 que decideu previamente cada participantes, incluíronse de inicio na exposición, polo que tódolos participantes tiveron garantizadas na exposición 2 fotografías como mínimo. As 3 fotografías restantes foron xuntos coas dos demais participantes para unha bolsa da que sairon as restantes fotos da exposición; ousexa, 30 fotos da exposición foron elexidas directamente polos participantes, e para as restantes realizouse unha votación entre tódolos fotógrafos para escoller as 20 que faltaban para completar as 50.
A temática das fotos desta edición foi totalmente libre, podendo ser de Xove ou non. Non se permitiron montaxes fotográficas, “versus photoshop”. Si se permitiron os efectos de cámara: brillo, contraste, saturación, balance de brancos, etc.
O cartel da exposición, que adxuntamos coa presente nota de prensa, foi deseñado por un dos participantes, concretamente por Felipe Abad; en canto á maquetación das fotografías foi relizada pola participante Ana Isabel Lage.
A Exposición, como dixemos, vai estar aberta na Sala de Exposicións do Centro Cívico, nos seguintes dias e horarios:
-Do 13 ao 22 de agosto: de 17:00 a 22:00 horas.
-Do 23 ao 29 de agosto: de 17:00 a 24:00 horas. (Esta Semana amplíase o horario de apertura, dado que se quer aproveitar a Semana Principal das Festas).
Xove, 13 de AGOSTO de 2010