Por terceiro ano a Concellería de Cultura de Xove organiza o Torneo de bolos San Bartolo na bolera do campo municipal de fútbol de Xove o sábado 21 de agosto a partires das 4 da tarde. A este torneo está previsto que acudan numerosos xogadores, tanto do club local, o Club de Bolos Xove, como xogadores doutros clubs da provincia. A organización dispuxo para este importante evento deportivo 4 trofeos, deles 3 para os tres primeiros e un trofeo para mellor bolada. Este torneo vai servir como rodaxe para os xogadores ata que comece a XXII Tirada de Bolos o vindeiro 9 de outubro. A inscrición para esta competición é totalmente libre e gratuíta.
Torneo de bolos “San Bartolo 2010” en Xove
Torneo de bolos “San Bartolo 2010” en Xove
Relacionado
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo
-
A Garda Civil investiga á suposta autora dun delito de simulación de delito de Barreiros
-
Este pasado domingo, 17 de novembro, tivo lugar a tradicional comida próxima ó Nadal da Peña Deportivista de Burela