Site icon Crónica3.com A Mariña

Técnicos de Feve estudan como mellorar “a visión e o funcionamento do servizo da estación” e Burela

Nota de Prensa

UN ARQUITECTO E UNHA RESPONSABLE DE FEVE VISITARON HOXE A ESTACIÓN DE BURELA PARA ANALIZAR AS OBRAS DE MELLORA A ACOMETER. FEVE PREPARA XA UN ANTEPROXECTO, SEGUNDO ALFREDO LLANO.

Burela, 17 de agosto de 2010. Un arquitecto e unha responsable de Feve visitaron hoxe a estación de Burela para analizar as obras de mellora que se acometerán. Feve prepara un anteproyecto desas obras, segundo anunciou o alcalde, Alfredo Llano.

O rexedor contou que “hoxe recibimos a visita dun arquitecto e dunha responsable de Feve para Galicia e Asturias e estivemos complementando un pouco o que fixemos a semana pasada con Angel Villalba, o presidente de Feve. Estivemos vendo como mellorar as instalacións da estación, analizamos por onde hai que afrontalas e vendo cómo acometer unha operación global que mellore substancialmente a visión e o funcionamento do servizo da estación”.

Alfredo Llano sinalou que “agora van realizar un anteproxecto e presentalo o antes posible. Eu conto que en pouco tempo estea listo e que antes de final de ano xa se lle poida facer unha modificación importante á estación. Agora poñereime en contacto con Arriva, porque tamén hai partes que lle corresponden á concesionaria de autobuses e entre os dous procuraremos facer  unha mellora importante na estación de autobuses e de tren de Burela”.

O Portelo

O alcalde burelés tamén aludiu á bacteria que onte obrigou a pechar ao baño a praia de O Portelo. Alfredo Llano dixo que “semanalmente se realizan analíticas nas nosas praias e este areal nunca presentou problemas. Agora detectóuse en Penoural e no Portelo unha concentración excesiva dunha bacteria que nos obrigou a pechala ao baño. Estránanos o acontecido, pero considero que estamos diante dun feito puntual provocado polos ventos do nordés que sopraron hai uns días que puideron arrastrar esa bacteria producindo esta situación. Consideramos que en pouco tempo O Portelo estará aberta xa mércores ou xoves, estamos pendentes da contraanálise realizada”.

O rexedor engadiu que “tamén nos apura saber o resultado porque temos previsto celebrar o día do mar o vindeiro sábado 21 de agosto na praia do Portelo. En caso de que persistan os resultados negativos cambiaremos a actividade para outra praia, pero xa avisaremos con tempo”. Llano agradece “a comprensión da xente que acude a O Portelo a bañarse. Os socorristas están avisando e temos a bandeira vermella posta para impedir que se mollen, queremos garantir que non sufran ningún tipo de risco para a súa saúde. Pídolles un pouco de paciencia e decirlles que en breve a situación voltará á normalidade”.

Exit mobile version