Site icon Crónica3.com A Mariña

Simularon un salvamento na praia de As Catedrais e unha detención na de Os Castros – Illas en Ribadeo

Nota de Prensa

AS PRAIAS DE AS CATEDRAIS E OS CASTROS-ILLAS FORON ESCENARIO DE SENDOS SIMULACROS ESTA MAÑÁ.

Ribadeo, 26 de agosto de 2010. As praias de As Catedrias e Os Castros-Illas foron escenario de sendos simulacros esta mañá. Segundo explicou o edil de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, “realizamos un simulacro dun plan de seguridade, salvamento e primeiros auxilios na praia de As Catedrais. Esta actividade temos que facela por ter a bandeira da Q de calidade”.

O concelleiro nacionalista sinalou que “o simulacro consistiu nunha primeira parte na comisión dun delito que se produce na praia, neste caso pola venda de drogas. Os socorristas detectan que se pode estar cometendo un delito contra a saúde pública, entón chaman á Garda Civil, que se presenta inmediatamente, no transcurso de seis minutos concretamente, proceden á detención da persoa que presumiblemente estaba comentendo ese delito, detéñeno e lévano con eles”.

Cupeiro engadiu que “a seguinte situación trataouse de que os socorristas detectaban a unha persoa que o estaba pasando mal, que se estaba supostamente afogando, proceden a socorrelo, sacano á beira da praia, fanlle masaxe cardiaco segundo o protocolo que eles teñen e a continuacion vendo que realmente se lles escapa das mans chaman ao 061 para que envíen unha ambulancia medicalizada e tentan salvar a vida do paciente. Este proceso fixose no transcurso de 13 minutos en total, o que está dentro do que marcan os parámetros da Icte, que son 15 minutos. Penso que o van a dar por ben feito porque cumplimos os tempos perfectamente”.

As simulacións destes dous supostos tiveron lugar tanto na praia de As Catedrais como nos Castros-Illas.

Exit mobile version