O Concello de Ribadeo contrata un administrativo de apoio para as oficinas municipais. Será pola modalidade de obra ou servizo determinado por un prazo de seis meses, sen prexuízo das prórrogas que procedan. Valoraranse, entre outros, os servizos prestados no Concello de Ribadeo ou noutras administracións públicas en postos de traballo de contido análogo ou categoría semellante ao da praza a que se opta; os cursos relacionados coa actividade a desenvolver impartidos pola administración pública ou entidades delas dependentes ou homologados; o coñecemento do idioma galego e a antigüidade no paro. A solicitude e documentación pode presentarse ata as 14 horas do vindeiro 3 de setembro no rexistro xeral de entradas. As probas de selección terán lugar o 14 de setembro ás 10 da mañá na Casa do Concello.