NOTA DE PRENSA:
EXPOSICIÓN DE PINTURA, CONCERTOS MUSICAIS, A FESTA DO PERCEBE E AS FESTAS DE SAN ROQUE, SON ALGUNHAS DAS PROPOSTAS CULTURAIS PARA ESTA FIN DE SEMANA EN RIBADEO.
Ribadeo, 12 de agosto de 2010. Intensa oferta cultural esta fin de semana en Ribadeo con exposición de pintura, concertos musicais, a festa do percebe e as festas de San Roque.
A concelleira de Cultura, Mariluz Álvarez Lastra, manifestou que “continuando coa axenda cultural deste verán temos unha fin de semana bastante intensa de novo. Escomenzamos mañá venres 13 ás oito e media da tarde coa inauguración da exposición de pintoras afeccionadas ribadenses que estará aberta ata o día 22 de agosto no forte de San Damián en horario de 11:30 a 13:30 e de 18 a 20:30 horas. Quero convidar a todas as persoas que o desexen a que asistan á inauguración prevista para mañá”.
A edil nacionalista explicou que “tamén o venres ás 23 horas no Cantón dos Moreno haberá unha noite folk coa actuación dos grupos Cádaba de La Caridad e Cahornega de Cantabria. Máis música o sábado pola noite no Cantón co concerto do XX aniversario do grupo ribadense Mallory, que xa presentamos esta semana. Ademáis o sábado 14 de agosto celébrase durante todo o día en Rinlo a festa do percebe”.
Álvarez Lastra engadiu que “logo están as festas de San Roque, o luns 16 ao final da tarde, ás 20 horas, haberá a presentación dun libro sobre os cocos ribadenses na oficina de turismo escrito por persoas de Ribadeo. Temos polo tanto unha axenda moi completa e convidamos a todos os veciños e a todas as persoas que nos visitan estes días a que acudan a disfrutar de todas estas actividades”.