RIBADEO (FNC) .- Ribadeo acollerá o vindeiro mércores a primeira das actividades de difusión da sustentabilidade deseñadas ao abeiro do proceso de implantación da Axenda 21 Local. Trátase dun evento lúdico-divulgativo co que se pretenden presentar oas traballos que se desenvolverán no concello ao longo dos vindeiros meses.
Marcos Pérez, da empresa Signo (encargada de elaborar a Axenda 21 para Ribadeo), destacou “a importancia de que a xente se corresponsabilice das tarefas que se promoven desde a administración para a conservación do medio ambiente. O primeiro que imos facer é unha achega á cidadanía para que nos coñezan e saiban no que imos traballos durante moitos meses. Será o vindeiro mércores 4 de agosto no parque de San Francisco e ao que convidamos a toda a xente a que se pase”. Ás 12 da mañá haberá unha exposición da Axenda 21 e Sustentabilidade guiada por técnicos da empresa. Durante todo o día terán lugar tamén actividades para os máis pequenos “para inculcarlles valores ou actitudes a prol do medio ambiente” e pola tarde como colofón unha serie de grupos locais como Amigos da Gaita, Sempre se Fixo e algunha outra actuación sorpresa amenizarán a xornada. Durante a parte musical vánse realizar sorteos de agasallos entre aquelas veciñas e veciños de Ribadeo que teñan completado todo o percorrido da exposición.
Pola súa banda, o concelleiro de Medio Ambiente de Ribadeo, Horacio Cupeiro, explicou en qué consiste a Axenda 21 Local e fixo un relatorio do traballo realizado polo seu departamento antes da implantación do devendito programa. O edil nacionalista considera que estamos facendo cousas moi importantes para o medio ambiente e para esa calidade de vida que debemos buscar. En Ribadeo estamos recollendo 25 kilos de envases lixeiros por habitante e ano, cunha calidade de recollida por debaixo do 30 por cento que nos marca o propio Ecoembes. No resto do Estado e en Galicia estanse a recoller sobre 10 kilos por habitante e ano, logo o esforzo que están facendo os veciños de Ribadeo é moi importante e quero felicitalos neste momento”.
Cupeiro subliñou que “somos o concello da Mariña que mais vidro recolle, que tamén é curioso; estamos enviando a empresas autorizadas todos os residuos, perigosos e non perigosos, que van o punto limpo, que creo que eso e unha cousa que non se fai en todos os sitios e que en Ribadeo estamos facendo. Recollemos porta a porta o cartón comercial, implantamos un sistema de recollida de aceite de fritura, fixemos campañas de aforro de auga, cursos de condución eficiente e unha campaña de compostaxe caseiro. Estamos cun plan de mobilidade urbana para reducir a contaminación que os coches emiten á atmosfera, ampliamos o alcance do sistema de xestión integral a case todos os departamentos do Concello e implantamos un sistema de control de calidade e medio ambiente nas nosas praias”.
O edil de Medio Ambiente anunciou que “pronto contaremos cunha depuradora eficiente para contaminar menos o mar e xestionar os lodos producidos e tamén quero contar que canalizamos a balsa de lixiviados á depuradora cun informe analítico pertinente, non coma antes que se estaba tirando de calquera xeito ao río de Vilaselán, algo do que algúns precisamente son os que menos deberían falar. Colocamos protexe-contenedores na vila para reducir o impacto visual e 38 bases de suxeita-coletores nas parroquias para evitar a caída do lixo pola acción do vento. Conseguimos un camión de recollida de lixo novo, fixemos unha campaña de selección de residuos e participamos na axenda 21 escolar cos cativos. Intentamos facer unha ordenanza de ruídos pero foi tirada no salón de plenos, algo que me preocupou enormemente. Sabemos que os ruídos producen un dano á saúde e sin embargo a algúns importoulles tres pepinos. E cambiamos os carros dos operarios de limpeza para mellorar a imaxe de Ribadeo”.