Nota de Prensa
RIBADEO ACOLLERÁ DO 16 AO 20 DE AGOSTO O V FESTIVAL INTERNACIONAL DE MÚSICA CLÁSICA. OS CONCERTOS SERÁN ÁS NOVE E MEDIA DA NOITE NO AUDITORIO MUNICIPAL.
Ribadeo, 13 de agosto de 2010. Ribadeo acollerá do 16 ao 20 de agosto o V Festival Internacional de Música Clásica que organizan a Asociación Eo Clásica e o Concello co patrocinio da Fundación Caixa Galicia. Os concertos serán ás nove e media da noite no auditorio municipal. O evento foi presentado esta mañá no salón de plenos do Concello.
O alcalde, Fernando Suárez, sinalou que “o festival xa é un clásico na vila, fáise en Ribadeo co apoio do Concello, pero sobre todo grazas a Eo Clásica, ao traballo incansable de Leopoldo Erice e coa garantía e o soporte económico da Fundación Caixa Galicia porque sen o diñeiro pouco se pode facer. E falamos de diñeiro con cultura, entendemos que en situacións de crise hai que economizar por todos os lados, pero a primeira víctima non debe ser a cultura, porque unha sociedade que non teña cultura é unha sociedade que non vai para ningures. Este ano máis ca nunca agradézolle a Erice o esforzo de organización para que este evento sexa unha realidade e tamén lle agradezo encarecidamente a Caixa Galicia, a pesares da situación de fusión que está a vivir, que este ano tamén se acordase deste festival e o sigan a apoiar económicamente”.
Pola súa banda, o xerente da Fundación Caixa Galicia, Sinesio Pérez, dixo que “esta estrela, o festival de música clásica de Ribadeo, que cumpre cinco anos ten protagonistas moi concretos. Non me cansarei de agradecer a Leopoldo Erice a súa ilusión e esa especie de forza que non contaxia a todos e que nos obriga, entre comillas, a estar un ano máis aquí e a facelo todo coa forza que él transmite. Tamén agradecer ao Concello, na figura do seu alcalde, a colaboración e a sensibilidad ecos temas de cultura. Paréceme que é algo tremendamente importante e que tería que ser absolutamente lóxico, pero a lóxica non sempre coincide, entón cando coincide e bó resáltalo e agradecelo. A Fundación Caixa Galicia está encantada de estar aquí, este quinto festival é un fito moi importante e estamos moi satisfeitos de estar aquí”.
Leopoldo Erice, responsable da Asociación Eo Clásica, subliñou que “en esta quinta edición realizamos una serie de cambios para darle más continuidad y un efecto más profundo al festival. Hemos agrupado los conciertos en cinco días consecutivos, habrá cinco veladas no sólo centradas en música, sino que también habrá charlas de las obras interpretadas. Algo que ayuda mucho a entender lo que se escucha”.
Os concertos serán todos no auditorio municipal Hernán Naval ás 21:30 horas “y cada noche tiene un tema. La primera estará dedicada a Chopin y Schuman, que cumplen 200 años en este 2010, es un programa dedicado a la música que estos dos compositores nos dejaron, música para piano solo, música de cámara… El martes 17 está dedicado a la ópera y el concierto lleva por título Una noche en la ópera. El miércoles 18 lo llamamos Por Europa de paseo musical y traemos a una serie de compositores de España, Alemania, Austria, Hungría, Francia… una especie de menú europeo musical. El concierto del jueves 19 está dedicado al año xacobeo y lleva por título Año Xacobeo en la música como celebración del espíritu, empezará con dos obras del gran compositor Antón García Abril y luego tiene otras de diferentes compositores que tienen la religión como foco central. Y el festival se cerrará el viernes 20 de agosto con un toque de jazz que denominamos Clásicos vestidos de jazz”. Leopoldo Erice agradeceu a colaboración de varias empresa de Ribadeo que colaboran no festival como o Hotel Mediante, o restaurante San Miguel e O Cabazo, ademáis doutras de fora e tamén o traballo dunha agrupación de voluntarios que se encargarán, entre outras cousas, de ir recoller e levar ao aeroporto aos compositores que estes días cheguen a Ribadeo.