Site icon Crónica3.com A Mariña

Regal en Foz

Días pasados tivo lugar no Centro de Interpretación da Mariña (CENIMA) en Foz, a apertura dunha interesantísima exposición baixo o epígrafe de “Guernika, unha educación para a paz”. A exposición, como informa a literatura da mesma,  pretende recoller os momentos en que Pablo Ruiz Picasso se fai eco na súa obra do horror polos estragos  fundamentalmente humanos que ocasionan as guerras e a súa inutilidade. A mostra recolle unha reproducción do Guernika acompañado por obra gráfica encol do mítico cadro con outras aportacións a propósito do mesmo tema. Picasso eríxese en pregoeiro da liberdade e da paz e os seus debuxos e litografías de pombas convértense en emblemas da paz mundial. A exposición débese á iniciativa dese polifacético e prestixoso artista focego, afincado en Viveiro, vitalista e inquedo, propietario e director dese pequeno milagre, honra da nosa bisbarra, que é o complexo etnográfico-antroplóxico e artístico Regal/Xunqueira, no que a dinámica do seu creador ofrece ós centros de ensino a oportunidade de realizar actividades extra-escolares baixo a premisa “aprendendo e educando a través da arte”. A mostra foi presentada polo propio artífice dela, que co seu peculiar etilo, erudito e desenfadado, engaiolou ós presentes relatando os aspectos mais interesantes dende os diversos ángulos alecciondores que enmarca o cadro de prestixo universal. Rematada a súa intervención proxectouse un audiovisual, no que aparte de mostrar mais polo miúdo o traballo do artista e o simbolismo das súas figuras, puido tamén conntemplarse a destrucción e a barbarie do bombardeo do pobo de Guernika que quedou para a historia como símbolo macabro das mentes insensibles e irracionais.Todo o acto foi premiado con unha forte ovación dos presentes. Por outra banda a xenerosidade de Otero Regal dotou aquel espacio de un grande e fermoso mural do que precisamente él se ocupou no seu semanal espacio o domingo pasado nesta mesma páxina e que polo tanto nós vamos a omitir; pero non sen antes agradecer públicamente a Otero Regal tanta deferencia.
Suso Fernández

Exit mobile version