Site icon Crónica3.com A Mariña

Uns cen menores nas actividades de verán de Benestar Social, Deportes e Xuventude de Burela

Nota de Prensa

NEVES CANDO FAI UN BALANCE MOI POSITIVO DAS ACTIVIDADES DE VERÁN ORGANIZADAS PARA OS NENOS E OS MOZOS EN BURELA. A EDIL DESTACA A GRANDE PARTICIPACIÓN E ACEPTACIÓN QUE ESTÁN A TER.

Burela, 13 de agosto de 2010. A concelleira de Benestar Social, Deportes e Xuventude, Neves Cando, fai un balance moi positivo das actividades de verán organizadas para os nenos e os mozos en Burela pola grande participación e aceptación que están a ter. As vindeiras citas serán a carreira popular e o día da bicicleta.

Cando sinalou que “despois de que xa levamos máis dun mes dende que comenzaron as actividades de verán que realizamos dende as delegacións de Benestar Social, Deportes e Xuventude cómpre facer balance e este non pode ser máis que positivo e satisfactorio, pola grande participación e aceptación que están tendo estas nosas actividades”.

A edil nacionalista subliñou que “comezando pola ocioteca, que por segundo ano consecutivo desenvolvemos para ofrecer aos pais e nais que traballan durante o verán a posibilidade de apuntar aos seus fillos e fillas a actividades lúdico formativas durante toda a mañá. 28 nenos e nenas participan nesta ocioteca que se desenvolve na Casa da Xuventude de 9 a 14 horas e ata a primeira semana de setembro e na que hai actividades sobre medio ambiente, lectura, expresión dramática, psicomotricidade ou coeducación”.

Neves Cando seguiu a relatar que “nas actividades deportivas arredor de 40 nenas e nenos participan tódolos días en patinaxe, batuka, aerobic, xogos paradeportivos ou xogos na praia. E para o tramo de idade da mocidade xa se desenvolveron os talleres de pintura, de baile e de teatro, con mais ou menos 20 rapaces e rapazas participantes”. A responsable de Deportes lembrou que “xa para rematar estas actividades de verán quédanos pendente este vindeiro sábado día 14 a carreira popular e o sábado 21 de agosto o día da bicicleta”.

Exit mobile version