Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentación do Burela FSF Pescados Rubén sen recompensa goleadora

NOTA DE PRENSA
GALA DE PRESENTACIÓ

N SEN RECOMPENSA GOLEADORA
O Burela FSF Pescados Rubén non puido dedicarlle o triunfo á bancada de Vista Alegre na súa presentación o venres pasado. As laranxas caeron ante o Cidade das Burgas, que levou a vitoria por 1-3, nun encontro de escasas ocasións e sen claro dominador, no que as visitantes se amosaron máis efectivas.

O gol temperán de Carmen propiciou que as ourensás se asentaran na pista ante un Burela que defensivamente estivo correcto pero que careceu de creatividade ofensiva. Vanessa estableceu o 0-2 ao aproveitar un balón solto na área e con este resultado chegouse ao descanso. Na continuación mantívose o guión inicial, aínda que as laranxas tiveron maior posesión do esférico. A pesar diso, foi o Cidade o que aumentou a súa vantaxe ao aproveitar unha contra que Vanessa finalizou con autoridade.

A seis minutos do final Javier Pardeiro utilizou a Dolo como porteira-xogadora, circunstancia que non lograron aproveitar as burelistas a pesar do perigo xerado. A acumulación de faltas por ambos os conxuntos propiciou un duelo de dobres penaltis nulo debido ao acerto das dúas porteiras. Nos instantes finais Ro logrou perforar a meta visitante para establecer o 1-3 final.

Os dous anteriores enfrontamentos entre ourensás e burelás foron para as da Mariña. En setembro de 2009, as pupilas de Javier Pardeiro alzáronse coa Copa Galicia, tras vencer na final ás Burgas (3-4). Hai uns días, na Semana Eypar de Melide, o cadro laranxa tamén se impuxo, por 2-1.

Ficha técnica

Burela FSF Pescados Rubén: Jozi, Ro, Claudia, Dolo e Lucía, no cinco inicial; tamén xogaron Lidia, Alba, Cuchi, Lara e Irene.

Cidade das Burgas: Antía, Lucía, Carmen, Iria e Vanessa, no cinco inicial; tamén xogaron Natalia, Laura, Sonia, María e Raquel.

Goles: 0-1, mínuto 1, Carmen; 0-2, mínuto 11, Vanessa; 0-3, mínuto 31, Vanessa; 1-3, mínuto 38, Ro.

Exit mobile version