RIBADEO .- Portos de Galicia rematará nuns días as obras de acondicionamento do borde portuario de Ribadeo. Esta actuación ten como obxectivos principais a posta en valor e a mellora da seguridade vial da zona portuaria de Porcillán, dando preferencia ao peón sobre os vehículos. A actuación consistiu no acondicionamento de toda a fachada do borde interior da dársena de Porcillán nunha lonxitude de 400 metros.
A actuación consistiu no acondicionamento de toda a fachada do borde interior da dársena nunha lonxitude de 400 metros
Portos de Galicia remata as obras de acondicionamento do bordo portuario de Porcillán, en Ribadeo
As obras teñen como obxectivos principais a posta en valor e a mellora da seguridade vial da zona portuaria de Porcillán, dando preferencia ao peón sobre os vehículos
Volver Imprimir Enviar
Santiago, 1 de agosto de 2009.- Portos de Galicia, rematará nuns días obras de acondicionamento do borde portuario de Ribadeo. Esta actuación ten como obxectivos principais a posta en valor e a mellora da seguridade vial da zona portuaria de Porcillán, dando preferencia ao peón sobre os vehículos. O presuposto foi de 1,2 millóns de euros.
A actuación consistiu no acondicionamento de toda a fachada do borde interior da dársena de Porcillán nunha lonxitude de 400 metros. As obras se desenvolven entre a intersección do vial da terraza do restaurante o Marinero, desde donde se accede á zona pesqueira e comercial de Mirasol no Sur do porto, e o inicio do dique de abrigo do peirao de Porcillán emprazado ao Norte deste enclave. Tratan, neste senso, mediante a execución dun só nivel de firmes e a instalación de mobiliario urbano facilmente removible, de facilitar unha futura peonalización desta zona portuaria.
Para iso foi necesaria a demolición e traslado de todos os firmes artificiais executados nos últimos anos, conservando as losas de pedra preexistentes para a súa posterior limpeza e reposición nas zonas centrais da actuación, preferentemente nas zonas de ramplas e escaleiras de pedra existentes.
A execución de novos pavimentos mediante adoquíns de granito para os viais e aparcamentos, con eixos, bordes e isletas igualmente de adoquins pero de granito gris máis escuro; e mediante losas de granito para as zonas peonís e estanciais. No miradoiro central do borde portuario foron sustituídos os seus pavimentos de formigón por outros de losas de granito
Por outra banda, a zona peonil no borde do peirao realizouse mediante sillares de pedra deixando catro bancos corridos con estrutura e piso de madeira en voladizo de 10,50 metros de lonxitude por un metro de ancho. Para evitar a invasión ao aparcamento de vehículos na zona peonil, proxectouse unha solución lineal continua integradora das funcións de descanso, alumeado e protección, mediante a colocación de forma alterna de bancos sillares de pedra, composto por xardineras de madeira e bancadas de sillar alternativamente, así como, puntos de alumeado que permitan o uso exclusivo peonil desta zona. Finalmente deseñase un novo alumeado con novos puntos de luz que abarcan e alumean toda a fachada portuaria donde se actúa.
As obras proxectadas sitúanse no porto de Ribadeo. Ditos peiraos están adicados case en exclusividade á náutica recreativa, dispoñendo dunha ampla dársena con importante número de prazas de atraque, sendo o porto que ultimamente máis se está a desenvolver nesta actividade e nos últimos tempos en toda a fachada marítima da provincia de Lugo.