Site icon Crónica3.com A Mariña

Para o PP de Lugo a Deputación adxudica obrar para condicionar vontades

Nota de prensa
O GPPP di que o bipartito provincial usa os cartos de todos para facer política de partido

* Afirman que se están adxudicando obras con criterios electorais
* Fanse obras como pago de favores e para condicionar voluntades.

Venres, 27 de agosto de 2010.- O GPPP afirmou hoxe que o bipartito provincial está a usar os cartos de todos os cidadáns da provincia para facer política de partido, dado que se están adxudicando obras con criterios marcadamente electorais. Como exemplos, os casos do campo de fútbol de Sarria, ou a reparación do pavillón de Ribadeo.

No primeiro, a demora en construir a nova instalación débese fundamentalmente a un interese por ter a obra rematada xusto antes das eleccións, co que o interese real polo deporte é máis ben escaso, porque a necesidade desta instalación non é de agora.

No segundo, a reforma do pavillón de Ribadeo, se dá a circunstancia que estará en obras en época electoral, nunha instalación que conta con moitos anos e que practicamene era millor facela nova polo volumen de inversión que se vai facer, e que probablemente estaría rematada bastante antes.

Pero a coincidencia entre os dous exemplos é que o bipartito non veu conveniente facer estas obras hasta agora: ou os membros do bipartito provincial son miopes, ou ben están xogando a política electoral e partidista.

Durante estes tres anos, a vagancia e escasa adicación de Besteiro á Deputación trouxo consigo unha considerable falta de investimentos na provincia: ningún novo parque empresarial aberto, a rede viaria provincial feita un desastre, etc.. En definitiva, nada que permita vertebrar realmente a provincia e axudar a potenciar a economía da mesma na situación de crise en que estamos. Tanto é así que boa parte das adxudicacións que fai a Deputación se fan a empresas de fóra da provincia.

E agora, de repente, en certos concellos nos que non se fixo nada en tres anos agora fanse obras con carácter clientelar, de pago de favores, e caciquil, co ánimo de condicionar voluntades. Non se están usando criterios serios e rigurosos e así vemos obras, como a piscina de Begonte, que levan nos presupostos provinciais desde 2007 e non se sabe nada de cando se farán, nin tan siquera se está feito o proxecto.

Exit mobile version