Site icon Crónica3.com A Mariña

Os puntos sobre as ies, Sra. Amenedo

Grupo Municipal Partido Popular de Burela

O Partido Popular de Burela séntese sorprendido pola carta de Dna. Marta Amenedo, porque non é normal que un/unha traballador/a municipal arremeta así contra un partido político. Ante todo, decirlle que se vaia esquecendo eso de que nin permite nin entende que se lle nomee nun pleno ou na prensa. De entrada, menos fumes e menos arrogancia, porque esta señora non lle paga nin o alcalde nin o PSOE: cobra dos cartos de todos os cidadáns deste concello como contratada temporal que é; polo tanto, o seu traballo, todo o digno que se queira, pode ser posto en tela de xuizo, e estamos no noso dereito de pedir explicacións sobre o que fai, faltaría máis, como representantes lexítimos que somos do pobo de Burela, ainda que a ela non lle guste. Pero é que resulta que non é o caso.

Sra. Amenedo, a Vde. alguén a informou mal, dixéronlle catro cousas, e Vde. escribiu esa cartiña (supoñemos que non o faría no seu horario laboral, que xa vemos que é mui amplo), ou lla escriben, non sabemos se para pagar favores, para facer política ou para facer méritos, ou as tres cousas á vez. Mire,  Sra. Amenedo,  o decreto do alcalde aprobando o pago desa factura das tarxetas está aí, para que vostedes se retraten; nós non o inventamos, e de aí as preguntas que fixemos no pleno. Vde. xenera unha factura que tén que abonar o Concello de Burela, ou sexa, todos os cidadáns (mire de entendelo, que é sinxelo) por importe de 208’00€ por tarxetas de visita co seu nome, si ou non? Cantas fixo, e como son, Sra. Amenedo? Por qué as fai Vde. e non hai ningún traballador máis que as teña con cargo ó concello? Por qué non as paga Vde. do seu bolsillo? Parécello normal que unhas tarxetas costen trinta e cinco mil pesetas? Pedimos o expediente da súa contratación, pedimos que se nos digan as tarefas que tén que facer Vde., e pedimos que se nos facilitara unha memoria do que leva feito no seu traballo. Que pasa, tampouco podemos pedir esto?. E en ningún  momento puxemos en tela de xuizo o seu traballo (Vde. non  estivo no pleno e fala coa música cambiada). A non ser que Vde. coñeza un escrito que nós presentamos no concello pedindo esa información (que ainda non se nos facilitou), e que Vde. tivera acceso ó mesmo (Vde., como traballadora municipal, non pode acceder libremente ó rexistro, co que só cabe concluir que alguén llo facilitou). E se o coñece e sabe o que pedimos, co traballadora que dice ser, xa nos podería ter facilitado unha memoria do que leva feito neste tempo que leva traballado no concello, nada menos que tres anos, que estamos seguros que foi moito e productivo, porque o paro en Burela baixou considerablemente, abofé, e seguramente que en boa parte gracias a Vd.. Pero mire por onde, a Vde. ninguén lle pediu ningunha explicación, Sra. Amenedo. Polo que temos que entender que se Vde. dá explicaciòns, pode que teña algo que tapar e ocultar.

Mire, Sra. Amenedo, déixese de escribir cartiñas, e adíquese a traballar para xustificar o que cobra. E non se sorprenda de salir na prensa. Precisamente se sorprende Vde. e se enfada, vaia, ou é que non se lembra dunha rolda de prensa que deu Vde. na primavera de 2007 en compañía de algunha concelleira actual do PSOE sobre a política laboral do PP dando postos de traballo e nomes e apelidos? Está Vde. onde está como pago de favores, ou porque realmente vale para estar aí? Queremos pensar, Sra.  Amenedo,  que está aì porque vale e o merece. Pois demóstreo, e déixese de lerias e de larear, porque seguramente voltaremos a falar de Vde. nunha próxima sesión do pleno da corporación do concello de Burela.

Reciba un cordial e “educado” saúdo (a Vde. nin como traballadora nin como persoa lle temos faltado nunca ó respecto; ó millor Vde. non  pode decir o mesmo).

Grupo Municipal Partido Popular Burela

Exit mobile version