RIBADEO (FNC) .- O Telecentro continuou no 2010 co seu traballo decidido a prol da inmersión da sociedade galega nas novas tecnoloxías en Ribadeo. No mes que remata (xullo) impartiu un total de 8 obradoiros tecnolóxicos, a través dos que se formou a 73 usuarios/as. A duración foi de 60 horas.
Os 8 obradoiros impartidos no mes de xullo foron de Xogos educativos en internet adicados aos máis pequenos. Participaron preto de 80 nenos e nenas entre entre os 3 e 12 anos, que disfrutaron dunha gran diversidade de xogos educativos empregando as novas tecnoloxías. Asemade, no mes de xullo 27 persoas inscribíronse como usuarios do Telecentro de Ribadeo para poder aproveitar, sempre de xeito gratuíto, as instalacións e todas as iniciativas que se ofertan nas horas de aula aberta, que foi utilizada en máis de 400 ocasións.
En canto aos números xerais, desde que botara a andar en Ribadeo a finais do 2007 foron xa 1.140 os usuarios e usuarias que fixeron o carné do Telecentro. Neste tempo leváronse a cabo 123 obradoiros nos que se formou a 856 participantes. Para inscribirse ou solicitar máis información sobre as súas actividades poden dirixirse ao Telecentro de Ribadeo, sito na Casa da Xuventude (Rúa/ Antonio otero, 15), chamar ao teléfono 982.120.732 ou mandar un correo electrónico ao enderezo: telecentroribadeo@gmail.com