Nota de Prensa
Nesta 4ª edición participaron 11 equipos, compostos por aficionados da zona e turístas que pasan os seus días de lecer na Mariña Lucense.
O obxetivo quedou totalmente cumprido, xa que conseguiu un ambiente deportivo extraordinario ó longo de toda a mañá.
O campeón foi Sagrado Corazón, de Lugo, que revalida o título do ano pasado. Tras 3 horas e media e case 30 partidos, derrotaron na final a Río Miño, tamén de Lugo, nunha final moi igualada e disputada. Resaltar que Sagrado Corazón rematou o torneo saindo victorioso en todolos partidos que disputou.
En 3º lugar rematou Indios y Chamanes que superaron por un marcador axustado a Estudiantes. Indios y Chamanes, gañadores das duas primeiras edicións, non conseguiron pasar á final por enfrentarse en semis co campeón e pese a unha gran canasta de Roi a pouco do remate e que os metía no partido, non poideron dobregar a Sagrado Corazón, quen foi vencedor con merecementos.
Nesta edición mezcláronse veteranía, xuventude, amigos, xente que lembra os seus tempos baloncestísticos… en fin unha gran mañá de basket e con un gran ambiente de deportividade.
Dende a peña barcelonista San Miguel, xa se pensa na próxima edición.