Site icon Crónica3.com A Mariña

O sábado día 14 celebrarase a “Carreira popular de Burela”

NOTA DE PRENSA:
O SÁBADO 14 DE AGOSTO A PARTIRES TERÁ LUGAR A CARREIRA POPULAR DE BURELA.

Burela, 12 de agosto de 2010. O sábado 14 de agosto a partires das 12 da mañá terá lugar a carreira popular de Burela.

A concelleira de Deportes, Neves Cando, sinalou que “a saída será desde a praza do Concello e haberá dous percorridos. Un para a categoría de sub 12 que desde a praza do Concello discorrerá cara o porto e enlazará na praia do Penoural co paseo marítimo, e outro de algo máis de 4 quilómetros para as outras categorías de sub 16 e seniors feminino e masculino. Este saíra tamén da praza do Concello e percorrerá o noso pobo pola zona alta, polo Camiño Real, Vila do Medio e a Avenida da Mariña. Os dous traxectos rematarán na praia da Marosa”.

A edil nacionalista contou tamén que “as inscricións poden facerse na mesma praza do Concello media hora antes da saída e haberá premios ademais de para os tres primeiros clasificados de cada categoría tamén para o corredor ou corredora máis novo e para o máis veterano. Convidamos e animamos a todos os que queiran participar nesta carreira popular de Burela para que ademais de disfrutar do deporte tamén o fagan das nosas paisaxes ao pé do mar”.

Exit mobile version