Nota de Prensa
Grupo Municipal PSdeG – Psoe de O Valadouro
Dende O grupo municipal do PSdeG queremos denunciar
unha vez mais o deterioro institucional que esta a sufrir o noso
concello froito de absoluta desidia e ineficacia do grupo do goberno.
Aparte de seguir sen ningún tipo de iniciativa entramos xa nunha
fase de absoluto desinteres que nos leva a o extremo de perder
subvencións por algo tan preocupante como non enviar as
solicitudes dentro do prazo legalmente establecido, e nalgúns casos
non rematar as obras en tempo, exemplo do dito son; a perda
dunha subvención da secretaria xeral do deporte para o arranxo do
tellado do polideportivo municipal, e a ultima e mais sangrante
quedarse fora do “plan innóvate” o que supón que O Valadouro vai
quedarse o marxen da implantación da administración electrónica o
que de feito supón un paso atrais no aproveitamento das novas
tecnoloxías por parte de todos os nosos veciños. No debe deste
grupo de goberno quedara para sempre este feito lamentable,
danos a sensación que esta xente non quere que O Valadouro
cambe de século