Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP di que sospeita que a posta en marcha da Axencia provincial de enerxía é só un proxecto

Nota de Prensa

Os populares critican que o Axenlu, dous anos despois do anuncio da súa posta en marcha, aínda non é realidade

* Para o GPPP é unha mostra máis do ritmo lento de traballo que caracteriza á Deputación de Lugo

Lugo, a 14 de agosto de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular sospeita que a posta en marcha da Axencia provincial de enerxía de Lugo continúa a ser, dous anos despois do anuncio da súa inminente constitución, só un proxecto.

Os populares amosaron as súas dúbidas sobre o avance na concreción desta iniciativa amparándose no feito de que no BOP do pasado xoves publicáronse as bases que rexirán o proceso de selección de persoal adscrito ó proxecto de análise e viabilidade de este ente.

Lembran que nos orzamentos provinciais deste ano estaba consignada unha partida por importe de 379.000 euros para esta iniciativa, pero que, dadas as circunstancias, parece claro que non se executou pese a recoñecer que neste intre non dispoñer aínda da proba documental que o refrende, posto que a estas alturas descoñecen o grao de execución dos orzamentos do Inludes.

Dende o GPPP suliñan que a tardanza en constituir a Axenlu non fai máis que corroborar que o ritmo de traballo que impera na Deputación non se caracteriza pola súa axilidade, nin sequera nos proxectos que promove o equipo de goberno que lidera José Ramón Gómez Besteiro.

Exit mobile version