Noata de Prensa
González Barcia: “que Besteiro me diga un só polígono industrial posto en marcha nestes tres anos”
* O voceiro adxunto do GPPP reitera que todas as actuacións presentes estaban previstas en 2007.
* Acusa ó Presidente Provincial de “sectario e de cacique”.
Lugo, 19 de agosto de 2010: O voceiro adxunto do Grupo Provincial do Partido Popular (GPPP), José María González Barcia, retou hoxe ó presidente da Deputación e á súa vez de SUPLUSA a “que me diga un só parque empresarial que se puxera en marcha nestes tres anos gracias ós socialistas”. Barcia considera que Gómez Besteiro, escúdase en campos de fútbol e milongas que non veñen a conto, porque “a realidade é tozuda. Eu invito ó Sr. Besteiro a que se lea as actas dos consellos de administración de SUPLUSA de 5 de Maio de 2006 e de 22 de decembro de 2006 nas que constan as actuacións previstas en materia de parques empresariais, para que corrobore o que eu digo: das trintaeunha actuacións que din ter previstas, vintenove xa figuran na acta de 22 de decembro de 2006, con goberno provincial do PP.
Dos noventa e dous millóns que di que tén previstos, xa había previstos noventa co goberno provincial do PP. O que pasa é que o Sr. Besteiro non se enterou de nada, a pesares de que el formaba parte do consello de administración de SUPLUSA, porque non debía ter tempo a ler as indicadas actas.”
Ademais, o viceportavoz popular na Deputación acusou a Besteiro de “sectario e cacique: é a todas luces impresentable decir que a culpa é dos concellos do PP. Os concellos, e consecuentemente os alcaldes, en todo caso e pola conta que lles ten, axilizaron os procedementos e os prazos para facer realidade canto antes os parques empresariais.
Xa que se refiren ó caso de Friol reiterámoslles que o parque empresarial está exactamente igual que cando o atoparon hai tres anos. Tanto é así que o presuposto para soterrar a liña eléctrica xa
estaba contemplado no presuposto inicial do parque empresarial, co cal queda claro que eles non fixeron nada. O que llo pregunten ó alcalde de Ourol, que ainda está agardando a que lle arreglen os accesos ó parque empresarial e a que o reciba o propio Besteiro por este asunto, e leva tres anos así.
Por eso é sectario, e porque as dúas áreas de recente impulso, Triacastela e Viveiro, pertencen a concellos con alcalde socialista. Non hai ningún concello do PP que precise un área empresarial?”.
“E é cacique porque intenta plegar vontades: os alcaldes teñen que ir xunto del, son recibidos cando son recibidos si son recibidos, dilles a todos que non se preocupen, e logo non fai nada, por desprecio institucional e por interés exclusivamente político”.
Por eso, sinalou González Barcia, “Besteiro tén que deixarse de sermonearnos, de falar de previsións e actuar. Gracias ós parques empresariais postos en marcha pola Deputación bipartita hay cero traballadores empregados nas cero empresas instaladas nos cero parques empresariais abertos polo bipartito.