Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP pide ao alcalde de Burela que explique como vai devolver os cartos demandados polo Estado

NOTA DE PRENSA:
O GMPP de Burela: “entre Llano e Zapatero, acaban co economía do concello”.

Os populares solicitan que o alcalde explique que medidas via tomar para devolver os vintenove millóns de pesetas ó Estado e volven a pedir un plan de austeridade.

Acusan ó PSOE e ó BNG de “dar un novo mazazo ós veciños de Burela”.

O Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela afirmou hoxe en rolda de prensa que o concello de Burela deberá devolver cáseque vintenove millóns de pesetas ó Estado, correspondentes á participación do concello nos ingresos estatais do exercicio presupostario do ano 2008. Eso significa que cada cidadán de Burela, sexa cal sexa a súa condición ou idade, debería aportar unhas tres mil pesetas para poder facer fronte a tal devolución.

O concello de Burela percibiu en 2008 un total de 1.530.000’36€, cando en realidade, e logo de ter feita a liquidación definitiva por parte do Goberno de Zapatero nos últimos días, e que se atopa colgada da web do Ministerio de Economía y Hacienda, tiña que ter recibido 1.357.571’48€. Esto quere decir que o goberno calculou mal os ingresos previstos para o ano 2008, adiantoulle cartos ó concellos, e agora resulta que realmente se ingresaron menos cartos, co que o concello tén que devolver 172.428’88€, ou sexa vinteoito millóns seiscentas noventa mil pesetas.

Os populares consideran que a devolución hai que facela a partires do próximo ano, e ainda que se conceda unha moratoria o certo é que os practicamente vintenove millóns de pesetas haberá que devolvelos dun xeito ou de outro, ben directamente, ou ben a través de deduccións nas futuras participacións nos ingresos do Estado correspondentes ó concello.

Para o GMPP, “está claro que entre Llano e Zapatero, acaban co concello de Burela”. Se o alcalde é incapaz de poñer orden no gasto, porque tal e como vimos avisando nos últimos días o despilfarro é a nota predominante na política económica do concello, Zapatero, coas súas fantasías en materia económica e o seu optimismo nos cálculos de ingresos, cálculos que él mesmo se preocupou de inflar artificialmente cando xa estabamos en plena crise económica, acaba de darlle a puntilla á economía municipal.

E esto é así porque, ademais de que estes vintenove millóns de pesetas hai que devolvelos, tamén haberá que devolver cartos correspondentes ó exercicio de 2009, que seguramente será unha contía superior á de 2008.

Polo tanto, cabe concluir que entre o PSOE e o BNG (que apoiou os presupostos do Estado para 2008, e polo tanto consinteu que se contemplaran nos mesmos uns ingresos inflados que logo non se cumpliron) acaban de dar un mazazo realmente contundente ós veciños e veciñas deste concello, que verán como merman os cartos destinados a prestar sevicios e facer investimentos, gracias a estes dous partidos políticos irresponsables e ós seus tamén irresponsables representantes locais.

Exit mobile version