NOTA DE PRENSA
Javier Jorge Castiñeira será o candidato do Partido Popular a ocupar a alcaldía de Foz en 2011
Foz, a 9 de agosto de 2010.- O presidente provincial do Partido Popular José Manuel Barreiro, o secretario xeral da formación José Manuel Balseiro, o presidente da xestora do PP de Foz Ramón Fernández e o voceiro municipal Pedro Fernández arrouparon a presentación do candidato popular á alcaldía de Foz nas vindeiras eleccións municipais de 2011 Javier Jorge Castiñeira.
O líder dos populares lucenses asegurou que Castiñeira aglutina todas as condicións para convertirse en un bo alcalde: o impulso e ilusión que otorga a xuventude; a seriedade, compromiso e traballo que adquiriu co desenvolvemento da súa actividade profesional e o coñecemento exhaustivo da realidade social, económica e política do seu concello.
“Ilusión, compromiso, traballo e capacidade de liderazgo” que, segundo salientou José Manuel Barreiro, “constitúen os elementos fundamentais que debe combinar un bo alcalde para ilusionar o electorado e para loitar porque o seu concello acade as cotas máis altas de benestar”. Para Barreiro, Castiñeira é un bo candidato e será un bo alcalde.
Javier Jorge Castiñeira (35 anos e arquitecto técnico) amosou, pola súa banda, a súa disposición a traballar con “tesón, entusiasmo e adicación absoluta” polo interese xeral dos veciños de Foz, ó tempo que agradeceu a confianza depositada en el polos responsables locais e provinciais do Partido Popular, “ós que agardo”, dixo, “non defraudar”.