Nota de Prensa
O PP DE CERVO CONVIDA A AFILIADOS E SIMPATIZANTES A RESERVAR AS SÚAS TARXETAS PARA PARTICIPAR NA ROMERÍA POPULAR DE SILLEDA
* Terá lugar o sábado 26 de setembro e disporase para facilitar o desprazamentos de autobuses.
Cervo, 13 de agosto de 2010.- Un ano máis afiliados e simpatizantes do Partido Popular de Galicia celebran a súa tradicional romaría na localidade pontevedresa de Silleda. Nesta ocasión a data escollida para a devandita festa dos populares galegos é o sábado 25 de setembro.
Para facilitar o desprazamento de todos aqueles que non queiran perderse o encontro o Partido Popular de Cervo habilitará un transporte de autocar que partirá ás 8.00 horas da Casa do Mar de San Ciprián, pasará por Cervo e dirixirase de seguido á romaría.
Xa poden anotarse e reservar a súa tarxeta para o xantar de confraternidade nos teléfonos 600 60 29 11 ou 686 64 11 58. Desde a organización pregan a todos os afiliados e simpatizantes que fagan constar o antes posible o seu interese para participar na romaría e, deste xeito, faciliten a organización anticipada do evento.
Ademais dos tradicionais discursos dos dirixentes popular e do Presidente do Partido Popular de Galicia e da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, os asistentes poderán gozar de actuacións musicais e dun suculento menú
ABERTO O PRAZO DE RESERVAS TAMÉN EN FOZ
Tamén o comité local de Foz abre o prazo para a reserva das tarxetas para o xantar da romaría de Silleda. Neste caso os teléfonos aos que haberá que chamar son o 982 132 241 e o 627 333 251.