Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela pide unha modificación dos orzamentos

NOTA DE PRENSA:
O GMPP: “o concello está ingresando menos do que figura nos presupostos”.

Os populares aseguran que hai partidas que é imposible que se cubran a finais de ano.

Piden unha modificación do presuposto para conter o gasto e adaptalo ós ingresos.

O Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela manifestou hoxe que “os ingresos do concello a trinta de xuño do presente ano dan a razón ó PP, e demostran que os presupostos municipais do presente ano foron inflados deliberadamente, porque se está ingresando menos do previsto”. Para os populares, “é mui difícil que se cubra a totalidade de ingresos a fin de ano, porque hai partidas que xa é imposible de cumplir”.

Unha vez máis, os populares tiran de datos. No que se refire a partidas que non se cubrirán, está a de ingresos por vados. Nos presupostos aparecen 80.000’00€ como ingresos previstos, pero só se levan recaudados 40.093’18€, logo de terse cobrado o imposto do presente ano; o que quere decir que habería que dar de alta tantos vados novos como hai agora, para poder cubrir o ingreso presupostado.

Outro ingreso que é practicamente imposible que se cubra é o de Instalacións, Construccións e Obras (ICIO). A principios de ano estaba previsto ingresar 100.000’00€, pero resulta que só se leva ingresado a trinta de xuño 9.194’48€. A previsión de desfase en contra do concello é de 80.000’00€, porque é imposible cubrir a que falta hasta finais de ano.

Máis ingresos de difícil cobertura: a taxa por licencia urbanística. Nos presupostos confiábase en recaudar durante 2010 un total de 70.000’00€. Pero a trinta de Xuño só se ingresaron 4.568’42€. Debería darse un repunte espectacular da construcción para cubrir estes ingresos.

Licencias de primeira ocupación. Esta taxa conta nos presupostos cuns ingresos en todo o ano 2010 de 180.000’00€, pero a trinta de xuño só se levan cobrados 50.016’09€. Ainda que o seu cumplimento é millor cas anteriores, resulta mui difícil que se cubra na súa totalidade a principios de ano.

Tamén é significativo o incumplimento do presupostado no referido á taxa por entradas e museos, espectáculos e exposicións. O previsto para todo o ano son 20.000’00€, pero levamos ingresados a trinta de Xuño escasamente o vinte por cento, exactamente 2.224’50€.

En definitiva, só nos conceptos de ingresos sinalados o desfase en contra do concello pode ascender a finais de ano a uns 275.000’00€.

E ainda no caso de que outras partidas de ingresos aumenten, estas só se corresponderían con aquelas que están suxeitas a subvencións finalistas, co que eses cartos difícilmente se poden cambiar de destino.

Polo tanto, desde o GMPP considérase que o presuposto do concello de Burela está nestes momentos desaxustado, xa que se está gastando máis do que se ingresa, polo que se debería proceder a un expediente de modificación de créditos para conter o gasto que se está a producir axustándoo ós ingresos que se están a realizar, máis ainda se temos que crer ó alcalde, cando dixo no pleno que habería que facer un expediente de modificación de créditos por mor das actuacións que hai que levar a cabo para paliar os efectos das inundacións.

Exit mobile version