Nota de prensa:
O GMPP denuncia o abandono da área recreativa do Monte Castelo.
Manuel Fernández e Pablo Pernas acusan ó alcalde de “non ter os servicios hixiénicos en condicións”.
Os edís populares: “pedímoslle ó alcalde que recoñeza que en tres anos non se fixo nada na área recreativa”.
O Grupo Municipal Popular (GMPP) de Burela, a través dos seus concelleiros Manuel Fernández Valle e Pablo Pernas Chao, denunciou hoxe “o abandono da área recreativa do Monte Castelo por parte do alcalde, porque o monte non está nas mínimas condicións esixibles para o seu uso e disfrute por parte dos cidadáns”.
Fernández Valle e Pernas Chao aseguraron que durante estas últimas semanas se veñen repetindo as queixas dos usuarios porque “entre outras cousas, os servicios hixiénicos levan sen limpar desde hai bastantes días; a suciedade é tanta, que nin tan siquera se pode entrar nos mesmos, polo cantidade de excrementos existentes. De tal forma, que estamos en situación de asegurar que desde a romaría do Monte Castelo, e deso xa fai un mes, non se volveron a limpar”.
Os edís populares lembran que “o alcalde e o PSOE fartáronse de prometer que a situación da área recreativa cambiaría con eles no goberno municipal. Pois cambiou, pero a peor, porque o deterioro dos elementos de madeira é máis ca evidente, a pista de acceso está peor ca nunca coa presencia de gravilla, non se teñen reposto as árbores que secaron, e o único que se fai é segar a herba. Por non facer, nin se fixo a tan prometida senda que o alcalde lle prometeu á comunidade de Montes”.
Para Manuel Fernández e Pablo Pernas, “a realidade é evidente, en tres anos non se fixo ningún tipo de mantemento na área recreativa, agás o que fixeron voluntarios de ALCOA que tentou vender o alcalde como logro propio, e o que fai a propia comunidade de Montes”.
Ademais, fan historia: “en decembro, hai oito meses, o alcalde anunciou varias veces que xa estaba resolto o asunto da concesión do bar da área recreativa; a día de hoxe, temos que decir que non hai nada de todo eso, e que todo o que dixo o alcalde era fume”.
Por eso, Fernández Valle e Pernas Chao pídenlle ó alcalde que recoñeza publicamente que en tres anos o bigoberno burelés non fixo nada na área recreativa; nin tan siquera se preocupou de repoñer as parrillas que se van deteriorando. En definitiva, consideran que o que pasa coa área recreativa do Monte Castelo é un exemplo do que pasa en Burela: pouco traballo, moita desidia, e ningún resultado para millorar a nosa imaxe cara ó exterior. A mostra máis representativa da inutilidade política do alcalde e do bigoberno burelés.