Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela pide menos circo, mais seriedade, mais traballo e mais proxectos de futuro

Nota de Prensa

OTA DE PRENSA DO GMPP DE BURELA

González Barcia: “as fotos do alcalde e do BNG na Marosa, mostra de que en Burela hai dous gobernos”.

O portavoz popular pónlles un calificativo ás presencias do bipartito na Marosa: “actuacións circenses”.

Pidelles “menos circo, mais seriedade, mais traballo e mais proxectos de futuro”.

O portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela, José María González Barcia, manifestou hoxe que “as fotos, primeiro, do BNG, e, ós dez días, do alcalde, no campo de fútbol artificial da Marosa, son a mostra palpable de que en Burela hai dous gobernos, o do PSOE por un lado, e o do BNG por outro. As declaracións duns e do outro son a máis clara mostra de que PSOE e BNG van totalmente descoordinados e por libre. Hoxe van os concelleiros do BNG á Marosa, e ós dez días vai o alcalde. E todos cun único afán: sacarse a foto.”.

González Barcia dixo que “están facendo o ridículo, por non decir outra cousa máis circense. O peor para eles é que esquecen o que xa sabe todo Burela, que a obra faise gracias a que houbo unha iniciativa de marzo de 2007 do goberno municipal do PP de Burela e que agora hai unha Xunta presidida por Núñez Feijoo. E que ninguén se apropie de ningún tipo de xestión sobre esta obra. A realidade é a que é”.

Barcia lembrou que “a piques de comenzar a temporada deportiva 2010-2011, os clubes deportivos con convenios ainda non cobraron nin un só euro da temporada anterior. Mesmo hai partidas adicadas a deporte no presuposto do presente ano que están xa en números roxos, como a de gastos diversos, e por riba está todo pendiente de pago”.

O portavoz do GMPP indicou que “a nove meses das eleccións, estas ‘actuacións circenses’ de cara á prensa do bipartito demostran o que todo o mundo sabe, que no bipartito burelés non hai diálogo interno, cada quen vai por libre e que os cidadáns para resolver algo precisan falar alomenos con dúas persoas. Un desastre, caracterizado pola falla de traballo, o que trae consigo falla de eficacia e despilfarro económico”.

Desde o PP pedimos menos circo, mais seriedade, mais traballo e proxectos de futuro, que ainda non teñen presentado ningùn

Exit mobile version