Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela organizou actos para que o director xeral de Sostenibilidade falara do Pol e o de Vivenda das Casas Baratas

Nota de Prensa

O POL permite que o concello ordene zonas que antes estaban afectadas pola lei dos cincocentos metros.
O PP burelés asegura que o POL reduce considerablemente a afectación fixada pola Xunta bipartita.
O Director Xeral de Vivenda explicoulles ós veciños das Casas Baratas as liñas de colaboración ás que se poden acoller.

O Plano de Ordenación do Litoral (POL) foi presentado o pasado xoves por Manuel Borobio, Director Xeral de Sostenibilidade da Xunta de Galicia, nun acto organizado polo PP local e ó que asistiron unhas sesenta persoas.

Borobio dixo que a afectación do POL en Burela é de escasamente o vinte por cento da superficie, unhas cento sesenta hectáreas, das que oitenta e nove xa se atopan na franxa dos douscentos metros de protección de Costas. Borobio tamén fixo fincapé, a preguntas de algúns asistentes, que a competencia de ordenación territorial é do concello, dado que o POL sólo indica como se pode ocupar ese territorio. Así, matizou que as áreas de reacualificación e os cauces ecolóxicos poden ser ordenados polo concello a través do plan xeral de ordenación municipal.
O Director Xeral deixou claro que o POL levanta a suspensión en todos os suelos urbanos non consolidados, salvo unha pequena zona nos Castros, que se poderá adaptar sen demasiados problemas ó POL, e que terá que facer o concello a través dos seus instrumentos de xestión.
Para o PP de Burela, a lei dos cincocentos metros afectaba a máis da metade do territorio municipal de Burela. Polo tanto, o POL, ademais de levantar a suspensión nos solos urbanos non consolidados, reduce  considerablemente a afectación fixada no seu día pola Xunta bipartita PSOE-BNG, xa que permite que nas áreas de mellora de protección ambiental, áreas de recualificación e cauces ecolóxicos sexa o concello o que defina a ordenación do territorio.
REUNIÓN COS VECIÑOS DAS CASAS BARATAS.
O pasado xoves, o Director Xeral de Vivenda, Antonio Boné, reuniuse na sede do PP de Burela con representantes de veciños das Casas Baratas, para explicarlles polo miudo as liñas de axudas e colaboración que tén establecida a Xunta xunto con outras administracións para a millora de vivenda. A reunión, que foi mui cordial, dado que o Director Xeral foi, no seu día, quen puxo en marcha o proceso de redacción das escrituras das indicadas vivendas, serviu para o que os veciños plantexasen todas as dúbidas que puidesen ter ó respecto.
Boné lembrou que a Xunta bipartita nin tan siquera licitara as obras que tiña prometidas, porque non había nin cartos nin consignación presupostaria, dado que tempo tiveron a facelo, se é que realmente tivesen intención. O Director Xeral de Vivendia tamén ratificou o compromiso da Xunta de cambiar o tellado das vivendas do Río, porque legalmente seguen sendo de protección oficial, e indicou que o proxecto da xa está rematado, lembrando que a Xunta bipartita fora incapaz de elaborar nada ó respecto.
Pola súa banda, o portavoz do Grupo Municipal Popular, González Barcia, dixo que a Xunta bipartita nin tan siquera pagara a licencia de obra que no seu momento solicitara, proba de que non había intención de facer nada. Barcia indicoulles ós veciños a súa disposición e a do seu grupo de colaborar con eles na búsqueda de solucións dentro da normativa vixente.

Exit mobile version